Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
de prego á muller, á querida esposa que vai ser nai, pedíndolle o sacrificio da dor (?sofre en calados aies / o mais grande tormento conecido?) para que chegue axiña o día co feitizo do fillo, e, ó tempo, dándolle confidencia do ensoñado futuro dese fillo (?astro chegará a ser que de lus cheo / os nosos días enfeitice arreo?). Logo, e nun inciso de dúas estrofas, segue a tensión apóstrofica, que agora é de chamada (?Ven fillo da miña alma?) e de celebramento (?E ben chegado seas, / ó meu colo tamén, ¡miña delicia!) para o fillo desexado e agardado. Cinco estrofas da doce á dezaseis, a penúltima presentan unha apóstrofe que opón a dous tiles líricos de natureza cósmica a noite, o sol e que modula dous pregos de ben distinta razón: á noite pídelle que pase ?eses teus luceiros apagando?, pois que sinte que a lúa, a pesar da súa lindura, pode ser ?agoiro (?) infando / o berce do meu neno alumeando?; pola contra, solicítalle ó sol forza vivificadora por excelencia que se erga ?pola xigante lomba / (?) a ver o meu miniño?, e doe ó filliño os seus raios celestiais cos que o grande astro inza harmonía sobre o mundo. Para o remate, o falante (e suxeito) volve ó discurso egotivo, moi tensado pateticamente polo pulo da exclamación, para doerse dramático contrapunto final do triste signo da súa vida:
¡Que cando eu a esta vida abrín os ollos, triste noite escura cubriume enloitecida. E desa noite impura inda os crespós arrastro i a tristura! (vv. 8185, pp. 476477)
E tal sería, entón o esquema desta complexa modalización do poema:
185
Nº 362