Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
da aldea como víctima da desposesión, contrastando a negatividade do presente coa positividade do pasado. Véxase o cadro representativo:
PRESENTE()
vs
PASADO (+)
Ámbito natural negra montana / ceo promizo / curtiña de álbores decotada Ámbito sociofamiliar: media ducia de ovellas esfameadas / catro casas / cociña escura / fogueira que o vento apaga / unha testa incrinada, cavilosa: ?un pensamento/ de próxima fuxida, ou de venganza??
Ámbito social: i) ocio: festas, trouleos, bailes ii) traballo: ?nos campos escoi/ tábanse as degrúas / dos sa/ chos i eixadas? iii) fogar: ?nos fogares as fres/ cas armonías / das risas e / bicos, que estralaban?.
Logo no remate, e con carga da desmesura hiperbólica, o acerto está en identificar e personalizar ?hai escribano e capellán en Cangas? ós axentes da agresión como representantes activos das forzas caciquís que demoucaban a vida dos pobos de Galicia. Xa que logo, e nesta orixinal mostra, o proceso actorial (de desfeita, de desposesión) tería esta formulación:
eixo da privación P (D) [S3 eles, axentes () (?escribano e capellán?) a aldea (signo colectivo) (S'3 u O)] / perda dos seus atributos de positividade (alegría,
traballo)
En resume do visto neste apartado, non deixa de ser ben significativo para o sentido da obra currosiana como é total a dominancia, mesmo na actorialización do eu ou na da nonpersoa (il / eles?), dun recorrinte proceso de privación, de perda ou desposesión. Nos casos das figuracións do eu, destaca a marca do rol familiar (pai / fillo), mentres que na outra actorialización sempre se dá o rol social, con algunha interesante variante (con víctimas de valor emblemático ou colectivo). Xa que logo, e sobre o comentado, teríamos este esquema resumidor:
ESFERA DO EU ROL FAMILIAR pai (+) pai () fillo () PROCESO ESFERA DA NONPERSOA ROL SOCIAL vello (labrego) () probe do pobo galego() aldea () PROCESO
adquisición perda perda
desposesión privación / (e inútil desexo) desposesión
183
Nº 362