Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
co Castela, cita Salamanca, Santander, Valladolid, Murcia, Extremadura, Aragón (221, 213). No ámbito catalán cita Baleares (CPLB 250, 525). Tamén cita con algunha frecuencia paralelos asturianos. E da América cita preferentemente Arxentina, Chile, México, Cuba e Brasil. Este tipo de erudición pode ser emprestada e el non só non agacha as súas fontes, como se ve na bibliografía, senón que mesmo afirma, como dixen na n. 4, de onde tira as citas e paralelos. Pero hai outro tipo de erudición que lle é propia. Tal como cando sinala o autor dunha cantiga, polo feito insólito de que unha cantiga popular, polo tanto anónima, teña autor coñecido. Así, di que é do fistor Manxor, das Quintas (Lobeira) a c. 51; ou de Lamas Carvajal (CPLB:217, 192) a cant. 591 Casou Rosa cun mociño, aínda que os actuales cantores iñoren esta orixe; ou cando lembra que Rosalía de Castro a glosou ou utilizou tal cantiga: así coa c. 97 (CPLB 202, 44); c. 286(210, 110); c. 533 (216, 177), c. 546 (217, 181), c. 596 (218, 195), c. 680 (221, 220), c. 954 (230, 317), c. 1285 (241, 416), c. 1617 (CPLB 251, 529), c. 1714 (CPLB 254, 565), c. 1758 (CPLB 255, 577), c. 1602 (CPLB 250, 525), c. 1987 (CPLB 263, 659), c. 2092 (266, 694). O mesmo tipo de erudición, cando sinala onde e cando se recolleu, polo especial interese do dato, como é o caso da cantiga Carmiña, Carmiña / xogaches ó fogol / e no medio do campo / metéronche un gol (LORENZO 1973:59, c. 570); e dela di que a considera ?unha das pirmeiras manifestacións deste deporte [o fútbol] neste campo? e que a recolleron el e mais Cuevillas en Calvos de Randín en 1928. Por certo, isto revela que este deporte tivo unha rápida difusión xa que entrou en Galicia pola Costa da Morte poucos anos antes, que inicialmente era palabra aguda (fogol) e que xa daquela os goles tiñan connotacións sexuais (CPLB:217, n.167). 7.1. CONTACTOS CULTURAIS DA LIMIA BAIXA Cando un se achega a unha terra cargada de personalidade coma a Limia Baixa, mesmo, como é o caso do material recollido neste Cantigueiro, antes de 1933, sen luz eléctrica, nin radio nin teléfono, coa actual rede de estradas en estado larvario de camiños de carro ou congostras, practicamente sen automóbil, percíbese con sorpresa pero con claridade que a xente se movía máis do que hoxe imaxinamos. Nesta Limia Baixa, que un diría pechada, falase moito das persoas, cousas e lugares máis próximos, coma Xinzo ou Verín, pero tamén se fala de Vigo, cántanse cantigas que mentan Verín, Ribadavia, Salvaterra, Santiago, Lugo, Ferrol, Ribadeo, a Arousa ou Pontevedra; hai un feixe delas da Virxe da Peneda en Portugal e de Braga, do Porto e de Lisboa; e algunha hai de León, de Salamanca, de Extremadura, de Valencia, de Granada e mesmo de Villaviciosa como as hai que mentan Bos Aires ou a Habana; e Cuba, Brasil, Flandes, Francia ou a India coma Portugal, España ou Galicia. A globalización quedaba lonxe pero a Limia Baixa non era un mundo hermeticamente pechado: chegaban as segas en España e Portugal, a emigración a Portugal e á América e o servizo do rei para faceren permeable a Limia e produ103 Nº 365