BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
1977. ?O combarrizo?, Boletín del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, 6. Santiago de Compostela, pp. 39. 21 debuxos. Estudo detallado das funcións e dos diferentes modelos que se poden dar por Galicia adiante desta sinxela e inseparable construción adxectiva da casavivenda, o edificio nuclear da casa. Destinada fundamentalmente para gardar leña, o arado, a grade, etc., protexidos da chuvia; segundo a zona onde se sitúa, a súa denominación varía, e de aí que ademais de combarrizo se lle chame alpendre (o nome máis usual), alboio, cabano, cuberto, chapitel, encastra, garaixe, pallota, paramia, pendello, sobeira, tanada, tendal? 1980. ?Unha casa do Castromao (Celanova)?, Boletín Auriense (BA), X, Ourense, pp. 203210. Cinco imaxes gráficas (4 debuxos e 1 fotografía). No ano 1960, xunto con Xesús Ferro Couselo, estiveron facendo exploracións na acrópole castrexa de Castromao (Celanova), deixando ao descuberto un conxunto de casoupas. Realiza polo miúdo o estudo dunha delas de planta circular, de 4,50 metros de diámetro e paredes cun grosor que vai dos 40 aos 60 cm. Analiza, ademais doutros aspectos, os construtivos dela así como os espazos e as dependencias que podía levar, deténdose nas cubertas, nos accesos dende o exterior e na moblaxe, conxecturando que o seu uso era de construción adxectiva para almacenar froitos. 1988. ?A vivenda e a terra?, en Alternativas estructurais e produccións agrícolagandeiras. A gandeiría extensiva, a pataca, o viño, celebradas en Ourense os días 24, 25, 26 de outubro de 1986, Cuadernos da área de Ciencias Agrarias, 8, Seminario de Estudos Galegos. A Coruña, pp. 69. Nesta intervención de Xaquín Lorenzo, este resalta, unha vez máis, a importancia da casa labrega galega construída con recursos materiais próximos e baixo as condicionantes que a vida económica e a xeografía da zona lle defronta. Asemade alude ás diferentes construcións adxectivas que en cada zona se precisan para completar os ciclos produtivos: adegas e lagares en zonas de viño; carpinteiros de ribeira, secadeiros de peixe e de redes, no litoral; alvarizas, pendellos, forxas? Remata cunha preocupación constante nel, que é a de como se pode adaptar a vella vivenda rural ás novas necesidades técnicas introducidas no campo, propugnando ?a necesidade de conservar a personalidade de iste elemento da cultura popular, que nunca debe perder a súa orixinalidade e xeito propio de ser?. 1989. ?As pontes na tradición popular galega?, en A inxeñería histórica como patrimonio monumental: As Pontes, Actas do I Seminario, Santiago de Compostela, do 8 ao 11 de outubro de 1985, Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, pp. 101103. O relatorio de Xaquín Lorenzo sobre as pontes de fasquía popular ?ademais de que trata o tema dende o eido da mitoloxía?, expón os diversos sistemas creados polo pobo da construción con bloques de pedra, co obxecto de vencer as correntes de auga: o pasal, o máis sinxelo de todos, para vadear correntes de pouca entidade; as poldras ou
Nº 365 34