BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Inicia o discurso recordando a Murguía e facendo consideracións varias sobre a humanización da paisaxe e dos factores, como o xeográfico, que contribúen a singularizar a casavivenda. Logo de facer un repaso dos tipo de vivenda que se encontran nos castros, na que resalta as súas características principais como precedentes da casa actual aínda que negando o paralelismo que se lles dá ás habitacións castrexas e ás pallozas do Cebreiro, indicando as diferenzas que el ve nas dúas. Considera que é excesivo o valor que se lle vén dando á romanización, aínda que esta trae consigo innovacións como a casa de planta cadrada e o tipo de explotación agrícola da ?villae?. No seu percorrido histórico deixa claro que tanto da época bárbara como de toda a Idade Media non quedaron restos polo que é lóxico conxecturar que permaneceu a tradición céltica. Logo de deterse nas casas grandes, feitas imitando os pazos, adéntrase na análise da casa rural galega. Estuda a súa evolución partindo da máis primitiva ?a térrea?, pasando pola casa con sobrado onde salienta no litoral a existencia da casa do remo, e a casa de dous andares, clasificándoas en dous modelos segundo sexa o acceso ao primeiro andar polo interior ou polo exterior. Destas derivan elementos construtivos presentes nas vivendas do modelo que pon como prototipo: o corredor, a solaina e a galería, cos canzorros que substentan moitas veces estas dependencias. Non deixa de resaltar o papel que xoga a cociña na casavivenda e remata a súa intervención cos modelos que se poñen de relevo nas vilas e nas zonas das urbes, da casa á beira da estrada, a casa grande e o pazo. Este primeiro ensaio coñecido da súa autoría serviralle de base para a detallada exposición que fai da casa no seu tratado etnográfico do ano 1962. 1952. ?Cierres de fincas en el SE. de Orense (Galicia)?, Homenaje a Fritz Krüger, Universidad Nacional de Cuyo, Mendoza (Argentina), pp. 175185. 7 figuras que conteñen 51 debuxos. A amizade que nos tempos do SEG establecera co etnolingüísta alemán Fritz Krüger, levouno a participar na homeanxe que se lle tributou no ano 1952. A tal efecto enviou este traballo monográfico no que se rexistran os diferentes tipos de vedacións nunha parte de Ourense, dende os elementais marcos ata os valados de pedra, de materiais diversos ou as sebes de material vexetal. Tamén se recollen os diferentes tipos de accesos ou portairos, cancelas e o sistema de xiro de todos eses elementos. No traballo correspondente no libro Etnografía. Cultura material este aspecto das construcións do territorio está menos desenvolvido, con debuxos case todos eles diferentes. 1959. ?Muíños de maré?, Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia. Homenagem ao Dr. Mendes Correa, XVII, Porto, pp. 249255. Seis debuxos. Nesta monografía completa a diversidade de muíños que hai en Galicia, xa que, curiosamente, no seu tratado etnográfico non fai mención ningunha á existencia dos
Nº 365 32