Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
concellos de Lobeira, Entrimo, Muíños e Calvos de Randín. Tamén anota a pé de páxina as diversas publicacións ás que acudiu en apoio do seu traballo. 1947. ?Las habitaciones de los castros?, en colaboración con Florentino López Cuevillas. Cuadernos de Estudios Gallegos (CEG), II, pp. 774. 39 imaxes gráficas (28 debuxos e 11 fotografías). Estudo das casas castrexas, a organización dos poboados nos que se asentan e da súa evolución, segundo datos recollidos en escavacións e investigacións feitas en Galicia e no norte de Portugal. Analízase con detalle a evolución que se produce desde as cabanas primitivas construídas con vexetais ata a xénese das casas de pedra con diversas plantas redondeadas e a súa pervivencia, alzados e cubertas, dedicándolle unha especial atención a aspectos das construcións que as conforman: tipos de aparellos, vaos, pavimentos, cubertas, así como ao fogar e ao forno, practicamente os únicos servizos da vivenda, así como ás escasas construcións adxectivas. 1947. ?Antiguas habitaciones de pastores en la Sierra del Leboreiro?. Cuadernos de Estudios Gallegos (CEG), II, Compostela, pp. 341351. 7 imaxes gráficas (4 debuxos e 3 fotografías). Nun traballo feito no ano 1933 atopouse no lugar de Porcarizas na Serra do Leboreiro, lindeira coas terras de Lobeira e Portugal, un conxunto de 42 casas construídas en planta cadrada en máis dos dous terzos e o resto redondas, coas paredes feitas en cachotería de pedra de grá en bloques irregulares. Trátase dun asentamento de pastores no verán, tal como se se tratara dunha alzada ou braña. Considérase que este poboado, que pertenceu ao mosteiro de Celenova, foi abandonado no século XVI. 1949. ?Los silos de Villacañas (Toledo)?. Revista de Dialectología y Tradiciones Populares (RDTP), V, Madrid, pp. 420434. 11 figuras con debuxos, algunhas contendo varios. Nunha breve estadía por terras de Toledo realizou un pequeno estudo sobre os silosvivenda da vila toledana de Villacañas, posiblemente o único traballo realizado que non ten relación coa cultura galegoportuguesa. Esta construción orixinal de certa complexidade, realizada baixo terra e arredor da que se tecen unhas relacións de fondo contido social, ten unha certa semellanza coas covasadegas das terras de Valdeorras. Mentres que estas só levan dependencias dedicadas a gardar o viño, fundamentalmente, os silos son vivendas de coidada construción non exenta de motivos decorativos, con todos os espazos precisos para tal fin. Nos dous casos hai que salientar que a ventilación interior se produce por unhas chemineas (refolgadoiros) de características singulares, tanto construtivamente como de forma. 1951. ?La casa gallega?, discurso de ingreso na Real Academia Galega o 16 de setembro de 1951 en Celanova. Inédito, aínda que nestes intres de redactar este traballo está a piques de saír do prelo integrado na publicación do Museo do Pobo Galego Estudos etnográficos (dispersos e inéditos). Técnicas, Palabras e Símbolos.
31 Nº 365