BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
1936. Galicia. Parroquia de Velle, en colaboración con Cuevillas e Vicente Fernández Hermida. Seminario de Estudos Galegos, Compostela. 330 páxinas e 218 imaxes gráficas (155 debuxos e 63 fotografías). Na mesma liña da monografía anterior. En seis capítulos estúdase con amplitude a terra, a xente, a historia, a vida material, a vida social e a vida espiritual. Posiblemente sexa o traballo máis completo e de corte máis antropolóxico dos realizados polo SEG. No apartado de cultura material analízase detidamente a arquitectura e a moblaxe, así como a mantenza, o vestido, os oficios, a economía? A chegada do levantamento militar limitou grandemente a súa difusión. 1936. Notas etnográficas da parroquia de Borneiro. Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, VII, Compostela, pp. 1739. 25 figuras de debuxos.// En versión castelá foi publicado no ano 1942 no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense (BCPMHAO), XII, Ourense, pp. 183203. Unha curta estadía na parroquia de Borneiro, do concello de Cabana de Bergantiños, ?con motivo das escavacións que o Instituto de Estudios Rexionales está faguendo no castro ?A Cidá?, de aquela parroquia ?di Xaquín Lorenzo? permitíunos recoller algunhas notas etnográficas?. Boa parte deste fermoso estudo recolle, con acaídas ilustracións, mostras das construcións populares asentadas no lugar de Vilaseco: a casa de un e dous andares coas súas dependencias ?cociña coa lareira e cheminea, cortes, patios? e aspectos construtivos delas, así como as construcións adxectivas, o cabazo, o puzo e o muíño, recollendo o léxico propio daquela zona nesas realizacións. 1943. ?Das Bauernhaus im unteren Limiabecken (Prov. Orense, Spanien)?, Volkstum und Kultur der Romanen, Vol. XV, Hamburgo, pp. 276308. 21 imaxes gráficas (22 figuras, a maioría con varios debuxos, e 6 fotografías). //A versión galega incluíuse na recente publicación que co gallo do Día das Letras Galegas dedicou á efeméride a Universidade de Santiago de Compostela. O título orixinal La vivienda popular en la Limia Baja posiblemente foi vertido ao alemán por algún dos membros da escola de Hamburgo ?Wörter und Sachen? (Palabras e Cousas) para a súa publicación en Alemaña. Fai un minucioso estudo da tipoloxía da casavivenda que se asenta nunha rexión tan caracterizada como a da Limia Baixa. Iníciase mencionando os antecedentes dela, dedicándolle logo demorada atención á descrición da súa construción, dos seus elementos compositivos e dos diferentes espazos de que consta. En gran medida, os dous tipos máis comúns de casavivenda estudados, a térrea e a de dous andares, correspóndense co modelo espallado polo espazo xeográfico interior da Galicia meridional. Os numerosos debuxos de que consta, moitos deles trasladados á obra Etnografía. Cultura material, recollen aspectos tan variados como muros e os ocos ou vaos que van neles, lumieiras, portas, pisos, ferraxes, corredores, chemineas, apoios ou cubertas. Nunha táboa recolle 58 dos termos que de diversas partes construtivas se utilizan nos
Nº 365 30