Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
temáticamente centrado xa como o título apunta na ?igrexa fría?, e articulado, á vez, en dúas partes (de tres / tres unidades) semellantes, mais que responden a dúas perspectivas distintas na visión do descritor. Así, a parte primeira, e ó través de imaxes feístas e degradadoras (?levantábase aínda, / hidrópico e negro, / cal xigante hipopótamo morto, / de vermes cuberto?), danos a visión tétrica, de arrepío do vello mosteiro, co seu ?lombo deforme?, coas súas torres ?paradas e inmobres? como ?os dedos / dunha mau de Titán??, e coa alta campá que tangue, ó solpor, azoutada polo vento. Despois, a parte segunda pasa á visión da súa historia, do seu pasado, mostrando un dramático contraste: deu acollida (tal como o título significa) a criminais, protexendo a súa impunidade e coutando a acción da xustiza; e, pola contra, nunca deu ?socorro e remedio? ós necesitados, ós asolagados na privación ou a desgracia (?as virxes, forzadas; / os probes, valeiros?). Rematado o amplo e minucioso conxunto descritivo que forma, xa que logo, un bloque analizante de axustada articulación binaria (imaxe do presente / historia do pasado), o poema péchase cunha unidade final de comento (visita nocturna ó mosteiro e encontro visionario) do falante lírico (descritor), que val e funciona, entón, a modo de unidade de valoración ou resume, de razón, polo tanto, condensadora. En definitiva, pois, o esquema de composición do poema respondería ó seguinte:
BLOQUE ANALIZANTE [P1] (tres unidades) [P2] (tres unidades)
visión do mosteiro
historia: acollida ós criminais / desatención os necesitados
REMATE SÍNTESE (unha unidade) valoración condensadora
195
Nº 362