BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
Tamén, asemade, eses bloques constitúen unidades temáticas da escena que ten como protagonistas segundo se víu a ese vello labrego, dramático exemplo de suxeito da desposesión, e o pequecho sapiño de tristeiro e monótono croar. Unidades, entón, que en movemento moi regular na súa distribución (tres / tres / tres) van debuxando con exactitude o proceso da escenificación dese actor poemático. Véxase en esquema esa montaxe:
UE1 Estr. III: acotación (voz do narrador) Estr. III: refrán {R} UT2 (relación dialóxica vellosapo)
Estr. IVV: desgracia de vida (monólogo, voz do personaxe) Estr. VI: {R'}
UT3
Estr. VIIVIII: declaración de desamparo e ansias de morte. (Apóstrofe escénica de confidencia por parte do vello) Estr. IX: {R''}
UT4
Estr. XXI: Acotación de remate (marco escénico e personaxe) (Voz do narrador) Estr. XII: {R'''}
Tal como se advirte, as unidades centrais (2,3) compoñen o corpo da escena co monólogo e a declaración do vello (manifestación de tódolos signos do seu radical desamparo), mentres as externas (1,4) apertura / remate supoñen o enmarque escénico (coas acotacións que dá o narrador poemático). Teríamos, pois, este outro esquema:
PROCESO DE ESCENIFICACIÓN Marco escénico / acotación
UT1 (apertura) UT2~UT3 (relación actorial)
UT4 (remate)
A outro modelo ben diferenciado responde, na súa estructura, ?A igrexa fría?, poema en romance polimétrico (combinación de hexasílabos, decasílabos e dodecasílabos) pero que moi peculiar dos hábitos compositivos currosianos queda distribuído en sete unidades de esquema constante, recorrinte (6, 6a, 6, 6a, 10, 6a, 10, 12A)25. Logo, e pola súa banda, seis desas unidades de distribución compoñen un amplo conxunto descritivo
Nº 362
194