BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
Moi usual de práctica currosiana resulta o poema de composición lineal, é dicir, de bloques ou unidades que se xustapoñen (relación constelactiva), como moi ben exemplifica a famosa ?Cántiga?, formada por cinco estrofas de catro decasílabos e tres estrofas que combinan decasílabos e tetrasílabos. Na distribución de conxunto, danse dous corpos estróficos semellantes (4 vv. / 4 vv. / 5 vv.), segundo o esquema 10 , 10A, 10, 10A/ 10, 10B/ 10C, 10D, 4d, 4c, 10B //, e un terceiro (4vv. / 5 vv.) máis breve (pero de pautas semellantes). Pois ben, cada un deses corpos os dous semellantes e o outro irregular compón unha articulación principal de tres unidades temáticas, que logo presenta grao segundo unha moi medida e axustada subdivisión. Así, e atendendo á distribución temática, a primeira (UT1) corresponde á protagonización da rapaciña namorada (ela) que sofre e chora a ausencia; a segunda (UT2), despois, é a do ?infelís amador? que vai camiño da América e berra o seu desexo de volver ó encontro amoroso; e a terceira (UT3) trae a visión final e fatal dos dous namorados mortos, dramático remate daquel ?amor celestial, verdadeiro?. Máis a perfección compositiva do episodio acada toda a súa xusteza nas subdivisións recorrentes sempre a mesma pauta das unidades semellantes, e logo na variante do corpo terceiro. Tal sería o seu reparto, coas conseguintes notas temáticas:
UT1 a' a'' a''' UT2 b' b'' b''' UT3 c' c'' estr., IIIIII (vv. 113): ela (a namorada) estr. I: localización (voz narradora) estr. II: declaración (voz do personaxe) estr. III: comento (narrador) + reiteración (personaxe) estr. IVVVI (vv. 1426): il (o ?infelís amador?) estr. IV: localización (voz narradora) estr. V: declaración (voz de personaxe) estr. VI: comento (narrador) + reiteración (personaxe) estr. VIIVIII (vv. 2735): elail (mortos) estr. VII: comento escénico estr. VIII:constatación de feito (morte)
(voz narradora)
Sígase agora, sobre o propio texto, a esquematización presentada:
[UT1]: a' I) No xardín unha noite sentada ó refrexo do branco luar, unha nena choraba sin trégolas os desdés dun ingrato galán. a'' II) I a coitada entre queixas decía: ?Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben?.
Nº 362 192