Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
4. Poemas e formas de composición A última clave que imos considerar corresponde ós modelos de composición do poema, ou esquemas constructivos que o noso autor utiliza con moita eficacia. Xa comprobada a súa mestría en textos de grande extensión e alento A Virxe do cristal22, O divino sainete23, tódolos poemas de Aires da miña terra, longos ou breves, amosan sabia habilidade compositiva e, aínda máis, denotan o uso recorrinte de terminados moldes, sempre moi axustados segundo tentaremos de ver á razón poemática e ás finalidades da creación. En ?Na morte da miña nai? Curros segue o tópico esquema da elexía24, claro que con orixinal adaptación. En efecto, todo un amplo primeiro bloque de seis estrofas (IVI) responde á parte da invocación (na que o poeta, significativamente, se arreda de toda focalización relixiosa), dirixida (?Agarímame ó teu colo??) á ?Doce malenconía, miña musa?, pregándolle conforto para o seu estado de dor e de desamparo (?nunca como agora / falla fixéronme os teus bicos mornos?). Logo, tras desta melodía, chega apuntao panexírico, é dicir, o retrato que dá enxalzamento (sobre a base dunha etopea) da figura da nai morta (estrofa VII). Ora ben, e neste punto, a forza da fervenza da dor, a eclosión íntima, fai que o pulo sentimental coute o panexírico que queda así fragmentado para que irrompa a seriación do lamento dos sobrevivintes (estrofas VIIIX) dándonos o estado de desfeita e de privación (?Do corazón fuxiume esa alegría (?)) que vive o fillo (suxeito da perda). Despois, liberado xa o lamento por parte do falante lírico, retómase (estrofas XIXIV), e xa baixo a melodía do recordo, o panexírico da morte, co enxalzamento das súas virtudes (o amor cheo de agarimo, o sentir cos necesitados, a íntima e solidaria relixiosidade), pechándose a elexía perfecto esquema circular cunha repetitiva estrofa de invocación (estrofa XV). Xa que logo, e sobre o apuntado, advírtase como a composición elexíaca prescinde de parte do formulario bloque terceiro (a consolación, de orientación trascendente), e como, ademáis, o rixo esquema e a orde convencional quedan modificados polo pulo que acada o desafogo íntimo do eu (patente no lamento), tal que chega, coa súa manifestación, a romper o fío da predeterminada estructura compositiva. Teríase entón:
[A] [B]
[esquema circular]
[C] [A']
INVOCACIÓN PANEXÍRICO (b') LAMENTO (b'') INVOCACIÓN
estr. IVI estr. VII estr. VIIIX estr. XIXIV estr. XV
191
Nº 362