Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
xecto de diccionario (porque Alethóphilo era el mesmo) só quedaron materiais fragmentarios do que podemos chamar fase preliminar: a recolla de materiais. 1) Os apuntamentos brutos (diario xornada a xornada) do caderno do Viaje que el Padre Sarmiento hizo a Galicia el año de 1745. 2) O Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, un manuscrito que foi redactado en dúas etapas; a primeira parte despois do 10 de febreiro de 1746 (despois da segunda viaxe a Galicia); a segunda parte empezou a redactarse en Pontevedra durante a terceira viaxe, nos anos 17541755, e rematouse en Madrid despois do regreso. Contén materiais máis elaborados: borradores de entradas de diccionario aínda provisionais, sen ningún tipo de ordenación e pendentes de ulterior elaboración, con intuicións etimolóxicas necesitadas de máis control; listas de palabras organizadas onomasioloxicamente (?animales?, ?aves?, ?gusarapos?, ?frutas?, ?frutos?, ?granos?, ?manzanas?, ?yerbas?, ?malacotones?...). 3) Un Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables. O manuscrito é de diferentes datas: os 500 primeiros parágrafos deberon ser redactados antes do 5 de maio de 1754 (cando inicia a terceira viaxe) e contén voces recollidas na viaxe de 1745; a segunda parte (ata o parágrafo 2.554) recolle voces da viaxe de 17545 e foi redactada de maneira discontinua en Galicia e en Madrid entre 17551758. Son voces vulgares referentes á botánica para as que trata de encontrar un equivalente científico nalgunhas das nomenclaturas de que dispuña (Tournefort, Bahuino, Dodoneo etc., pouco Linneo, cuxos textos coñeceu demasiado tarde). 4) Un Onomástico latíngallego de los vegetables que vio el Padre Sarmiento, según el sistema de Monsieur Tournefort, redactado antes de 1767, que é unha de clave botánica que se exmplifica con nomes vulgares galegos (casteláns e franceses) de especies. 5) Un Borrón de varios nombres gallegos de vegetables, posterior a 1751, que é unha simple lista na que o único que hai é un intento de agrupalas voces por campos léxicos nos que ás veces hai como acios sinonímicos. Eses cinco son os manuscritos nos que podemos identificar a Sarmiento como autor dun formento de diccionario do galego moderno (bastante escorado, como se ve, cara ás voces da historia natural). Pero hai outros textos nos que o interese do bieito estaba máis centrado na etimoloxía, tanto de voces comúns como de nomes propios. Entre estes manuscritos está a Colección de voces y frases de la lengua gallega, manuscrito que foi iniciado e abandonado varias veces entre 1746 e 1770, que é un comento filolóxico de voces incluídas nas coplas, moi semellante ó que 200 anos despois fixo Carolina Michaëlis nas súas Lições de filologia. O lexicógrafo actual encontra aquí documentadas en galego moderno (e definidas na maioría dos casos) por riba de 1.300 voces. Tamén no Onomástico etimológico de la lengua gallega (que foi redactado en dúas etapas, en 1757, 30 ?pliegos? dunha tirada, e 1762, os seis restantes) hai un considerable número de voces comúns definidas e etimoloxizadas ó lado dos nomes propios. Pero Sarmiento é un pozo de saberes e de sorpresas; desde que fixo aquel acto de contricción por estar máis instruído nas cousas da China ca nas da súa terra ata que morreu
197 Nº 363