Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
5.5. Cortes de Castela e León: proposicións para o ensino do galego En novembro do 2000, despois da reforma do Estatuto de Castela e León, a Comisión de Educación da Asemblea Lexislativa desta Comunidade, aprobou unha proposición non de lei relativa á posibilidade do estudio do galego nos centros de ensino da rexión. A proposta, que fóra presentada polo PSOE e defendida por Felipe Lubián, procurador das Cortes de Castela e León e alcalde galegófono de Lubián, concello das Portelas de Zamora, aprobouse por unanimidade co seguinte texto:
As Cortes de Castela e León instan á Xunta de Castela e León para que a partir do próximo curso 2001/2002, se implante o ensino da língua galega, como asignatura optativa, en todos os centros de titularidade pública que imparten o Ensino Primário ou o Ensino Secundário nos territórios de Castela e León limítrofes coa Comunidade Autónoma de Galiza que utilicen maioritariamente a língua galega16.
En xuño do 2001, Felipe Lubián e dous procuradores do PSOE asinaron unha proposición non de lei para debate e aprobación na Comisión de Educación e Cultura de Castela e León para que se introduza o galego na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada para o curso 200102, tendo en conta a demanda existente ó respecto17. A devandita Comisión aprobou esa proposta o 28 de febreiro do 2002 e xa se prevé no curso 200203 a oferta dun grupo de primeiro curso na IEO de Ponferrada, cun máximo de 35 alumnos con profesorado seleccionado pola Junta de Castela e León. Antes da aprobación unánime desa proposición coñecérase unha resolución do Procurador del Común de Castela e León (o equivalente ó galego Valedor do Pobo), de 21 de febreiro do 2002, dirixida ó Conselleiro de Educación e Cultura desa Comunidade na que se atendía, entre outras, á queixa da indeterminación territorial no ámbito de aplicación do ensino do galego no acordo de 18 de xullo de 2002 entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León para a promoción da lingua no Bierzo e Sanabria. Os autores das queixas pedían que non se fixasen criterios restrictivos que deixasen fóra a cidade de Ponferrada. No punto 2 desa resolución, atendendo o establecido no art. 7.1.b) da Carta Europea das linguas Rexionais ou Minoritarias, polo que se debe respectala área xeográfica da lingua rexional ou minoritaria, e na procura da consecución real da declaración contida no art. 4.2 do Estatuto de Castela e León, o Procurador del Común pedía ós responsables do devandito acordo unha postura favorable ?a la delimitación de un ámbito territorial de aplicación del Acuerdo, que incluya, en su calidad de capital de la comarca del Bierzo, a los centros docentes de la ciudad de Ponferada y asimismo a los centros de cuantas otras localidades de la comarca tengan interés en la enseñanza de la lengua gallega?. E no sétimo e derradeiro punto da resolución pedíase que a Consellería valorase a posibilidade de ?impartir la enseñanza de la lengua gallega no solamente en los centros docentes de Educación Primaria y Secundaria, sino en otros centos educativos como pudiera ser la Escuela Oficial de Idiomas de Ponferrada?.
335 Nº 363