Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
inverno de 1981 como aula de música do Instituto de Cultura Popular ?Gilberno N. Ursino? e en 1986 legalizouse como asociación cultural, sendo Marisa Cela e Héctor Silverio os principais dinamizadores desta asociación. Desde os seus inicios centrouse na recuperación dos costumes tradicionais (magostos, xogos, fogueiras...), salientando a total recuperación da ?Festa do Maio?, de moita tradición en Vilafranca, pero que estaba esmorecendo. O galego é a única lingua usada nos carteis e demais medios publicitarios dos actos da ?Escola de Gaitas?, así como nas súas publicacións, entre as que están os Contos de maio (I), de 1993 con debuxos e textos alusivos á festa do maio realizados todos polos alumnos dos colexios de Vilafranca e Corullón, e os Contos de maio (II), de 1994, onde participaron, ademais dos nenos destes centros, os do Colexio de Cacabelos. En 1993 organizou a I Xornada da Cultura e da Lingua Galegas no Bierzo. A publicación dos textos destas Xornadas faise en galego, respectándose as variantes dialectais do galego berciano18. Ademais, en Vilafranca celebrouse entre 1989 e 1992 a Escola de Verao do NoroesteO Bierzo, organizada polo IGSP (Instituto Galego de SócioPedagoxía). Unha experiencia escolar semellante á de Corullón realizouse no Colexio Público ?La Borreca? de Ponferrada, do que é mostra a revista bilingüe El Pendín, así coma experimentos cinematográficos realizados no centro ?nos que se deixaba ben claro a orixe maioritariamente galega dos nenos que participaban no proxecto elaborando o guión e participando como actores, e incluso na propia música escollida? (López Témez 1992: 80). En Ponferrada e noutras vilas do Bierzo recolléronse en 1997 centos de sinaturas nos institutos para pedila introducción do galego no ensino, despois de ser aprobado no Congreso en Madrid. Neste aspecto salienta o labor da Asociación Cultural ?Fala Ceibe do Bierzo?, de Ponferrada, con campañas para reclamar ensino voluntario de galego no Bierzo e dotación de libros en galego idioma para bibliotecas bercianas19. ?Fala Ceibe?, que ten en Xavier Mestre Lago o principal dinamizador como ben se pode apreciar consultando o portal do Bierzo do xornal electrónico vieiros.com, coorganizou coas Universidades de Salamanca e Vigo as Xornadas sobre o galego exterior, celebradas en Salamanca e Vilafranca en maio do 2001. Nestas Xornadas aprobouse o ?Decálogo de Salamanca?, no que se esixe ?das administracións competentes o recoñecemento da lingua galega como lingua propia e cooficial, xunto co castelán? nos concellos galegófonos de Asturias, León e Zamora (punto 2º), á vez que se reclaman medidas de actuación, entre outras, relativas ós medios de comunicación en galego para as comarcas estremeiras (punto 5º), á toponimia autóctona (punto 7º) e ó ensino optativo da lingua e da literatura galega (punto 8º)20. En marzo do 2002 ?Fala Ceibe? organizou o 1º concurso creativo en galego para o alumnado non universitario dos centros educativos do Bierzo, sendo obrigario o uso do galego, en calquera daa súas modalidades. No relativo á recollida da lingua e a tradición oral cómpre salientalo labor de Aquilino Poncelas Abella e de Alicia Fonteboa, autores de obras que constitúen unha exce337 Nº 363