BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre Lorenzo Varela no Día das Letras Galegas
se o significado de voces como atorrante, boliche, cafixo, entrevero, fulería, turra, quilombo, coima, pibe, facón? Conversando na casa de Seoane, ou na biblioteca do Centro Galego, téñolle ouvido intercalar, sorrindo, algunhas destas e outras palabras e frases do mundo marxinal arrabaldeiro. Algunhas mostras da inserción de Lorenzo Varela na linguaxe popular porteña son, por exemplo, os versos da súa ?Milonga consejera?, e a súa ?Murga de coplas?. Van aquí fragmentos da primeira:
Cola de perro resero carneado al alba, sin dientes y ramas de madreselva con flor yerba mate verde. E da ?Murga?? Me rompí todo de bronca Dándole mecha al matungo, Porque una rubia tilinga miró al pingo y le dio un susto Que se quiebre la milonga hasta desplomarse toda: la morocha es noche clara con cintura de paloma
Vai mencionando barrios como Puente Alsina, Mataderos, Flores, e tamén o Chaco, a Pampa, e fala de bailongos, barriletes, veredas, potreros, julepes, querencias. Nun prólogo poético ao primeiro Libro de tapas de Seoane refírese a Buenos Aires e di que o libro foi alumado polos farois dun corso, en Palermo, e cita xacarandaes, linyeras, organillos, estrelas federais e a ?don Carlos Gardel?. Un home de América. Tras da Guerra Civil, arriba a México con 23 anos. A súa madurez ideolóxica, a súa visión do mundo van moito máis alá da súa idade. Na nova xeira vital axúdano Octavio Paz, Sánchez Barbudo e Sánchez Vázquez, en primeiro lugar. Colabora na revista Taller, cofunda Romance, toma contacto con moita xente e estuda a realidade mexicana a partir do comportamento do presidente Lázaro Cárdenas cos republicanos españois. Xunto con México infórmase sobre a situación dos países de América Central e do Caribe. No Uruguai, onde reside durante cinco anos coa escritora Estela Canto, vincúlase aos intelectuais exiliados e a algúns poetas e xornalistas montevideanos. Vive a breve presidencia de Luís Batlle e logo a de Andrés Martínez, e asiste ao proceso da reforma constitucional. Retorna a Buenos Aires ?onde segue gobernando Perón? en 1952. No café Tortoni, ademais de Seoane, Dieste, Baltar, Colmeiro, Alberti, Federico Ribas, Núñez Búa e outros exiliados, concorrían o filólogo Rosenblat, o pintor Attilio Rossi, o escritor brasileiro Newton Freitas, o dominicano Pedro Henríquez Ureña (un defensor das linguas galega e catalá), o poeta arxentino Nalé Roxlo, ?Chamico?. LorenNº 366 214