25.07.06
símbolos do poder social, decidiron emigrar na procura da liberdade e do sentimento republicano. Foron eles os que fundaron os primeiros xornais políticos e os que traballaron para converter aquela masa informe da emigración en asociacións vivas, que mirando sempre á metrópole iniciaron un novo capítulo na historia da nosa emigración. Ao mesmo tempo que atendían as necesidades económicas de Galicia e que construíron centos de escolas, asumiron outras responsabilidades culturais publicando a Historia de Galicia de Murguía, porque un pobo sen historia, dicían eles, é un pobo morto, e decididamente sentaron as bases para a constitución da nosa Academia. O humilde tipógrafo ferrolán, D. Xosé Fontenla, co apoio da comunidade galega da Habana e o aval do inmenso espírito galeguista de Curros Enríquez fundou naquela cidade a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega no ano 1905 e só un ano despois nacía a Academia Galega. Foron eles, en contacto permanente con Murguía, xa predestinado para ser o primeiro Presidente da Academia, os que marcaron as directrices da nosa institución: lingua, historia e cultura patria. Foron eles os que decidiron a súa sede, na cidade liberal da Coruña, e os que fixaron o seu espírito: independente, laico, democrático e fondamente galego. Finalmente asegurarán á Academia unhas percepcións económicas que permitiron a súa subsistencia ata 1936, quen viviu pobre pero honradamente, contando no país só co apoio do Concello da Coruña, que a acolleu durante moitos anos. O franquismo foi unha dura proba para a nosa institución, varias veces ameazada coa súa supresión. Foi preciso pagar algunhas peaxes para sobrevivir, pero a cadeira de Castelao non foi cuberta ata a súa morte. A democracia e a constitución do novo poder galego, obxectivos polos que sempre loitou a nosa institución, permitíronnos iniciar unha nova fase de análise, investigación e divulgación da nosa lingua. A reserva
237
Nº 368