Medalla de Ouro de Galicia
Seremos así, dignos da confianza que, como xestores dos asuntos públicos, depositaron en nós as nosas xentes. Esta medalla de ouro de Galicia que hoxe recibe a Real Academia é, xa que logo, o recoñecemento a un pasado de perseverante dignidade, difícil e cheo de vicisitudes complicadas, tanto como un estímulo para que siga camiñando nas frutíferas direccións que sinala o seu presente. Pero de pouco nos servirá dispoñer dunha Academia moderna, dinámica e eficaz no cumprimento das funcións que as leis e os seus propios estatutos lle encomendan, se as galegas e os galegos non acompañamos e apoiamos a súa acción reforzando a nosa conciencia sobre a necesidade de preservar e enriquecer o noso patrimonio lingüístico, histórico e cultural. De coidalo como o que é: un legado construído e acumulado durante séculos por xeracións e xeracións de galegas e galegos, a proba máis contundente da nosa continuidade histórica como pobo e o elemento que está na base do noso recoñecemento xurídicopolítico, constitucional e estatutario, como nacionalidade histórica, como singularidade nacional. Esa función definidora da lingua galega é aceptada polo conxunto das cidadás e dos cidadáns de Galicia, independentemente do idioma que cada un escolla como opción comunicativa. Por iso é bo, democrático e necesario, un dereito de todos os cidadáns, que a lingua galega saia fortalecida do proceso de reforma do Estatuto de autonomía, consagrándose a súa plena equiparación xurídica co castelán. Remato xa. Parabéns, señor Presidente da Real Academia Galega por esta merecida Medalla de Ouro de Galicia e por estes cen anos de historia, de empeño, de dedicación e traballo a prol de Galicia, da súa lingua, da súa cultura e da súa memoria. Máis nada. Moitas grazas
Nº 368
234