Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Nas páxinas seguinte realiza un minucioso traballo de descrición dos obxectos integrantes deste museo procedentes especialmente do xacemento de Cabeza de Francos, das pescudas polas terrazas fluviais do Miño e doutras achegas vencelladas, na súa gran maioría, a Tui: A coleizon de asturiense do ?Museo de Tuy? e sen dúvida a máis intresante de Hespaña, pois ainda na mesma Guardia se non teñen recollido no ?Museo? pezas tan caraiterísticas nin en tan outo número a mais que ali adoecen de falla de crasificación. Nisto a man do devandito Sr. F. Costas ten feito todo. O Museo enriquecíase especialmente cos materiais procedentes dos traballos de investigación daqueles mozos ilusionados polo descubrimento da terra, con todo ao medraren en idade e ocupacións o crecemento do museo reséntese:
Fechado o pirmeiro rexistro do noso Museo na data de 24 de Nadal de 1934, compre agora ao cabo de un ano rexistrare os seus progresos na campaña de 19341935. Pouco, certamente, é o que hoxe imos anotar, pois espallados pola terra adiante a maioria dos que traballamos na súa orgaizazón, non poidemos ista anada facer como o devanceiro unha boa colleita. Nen embargantes, ainda algunha cousa medrou o noso Museo, e a leda espranza de o levar a un termo que encha os nosos degaros, danos azos e emprestanos forzas.
O inicio da guerra, como quedou apuntado anteriormente, botara por terra todo este proxecto certamente novidoso na nosa cidade. ??Castro de A Guia? (1935) na revista Tude do Instituto de Segunda Enseñanza, onde relata as prospeccións efectuadas en senllas xornadas nos xacementos de Cotarel e Bicavaca, inspeccionando o terreo, recollendo materiais e procurando testemuñas na tradición popular:
Unha serán diste inverno fúmos aló [...] Igancio Diz Rodríguez, Eloy Fernández Rodríguez e máis eu. Cuns picos e uns sachos dispuñamonos a viralo monte de patas ao ar [...]
O resultado das pescudas non é abondoso pero fica descrito neste artigo. ??El Castro de Cabeza de Francos?, datado en 1948, ata agora inédito e publicado no libro Xosé María Álvarez Blázquez e Tui no que realiza unha achega aos traballos desenvolvidos naquel xacemento polos Ultreyas cun inventario dos materiais atopados, logo depositados no Museo e que tras a súa desaparición, ?me eregí en custodio de los objetos de Cabeza de Francos y gracias a ello me es posible hoy ofrecer esta noticia que, la verdad, llega con quince años de retraso?. Tras a descrición minuciosa dos materiais conclúe:
Por su posición avanzada e inexplugnable ante una vega feraz, el Castro de Cabeza de Francos debió haber sido habitado desde muy remotas épocas. Los hallazgos de instrumentos líticos tallados en toda la comarca de Tuy demuestran su antigua población. Francos era un lugar ideal de habitación a resguardo de toda amenaza y también a cubierto de las frecuentes avenidas del Miño.
239
Nº 369