BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
dosio Vesteiro Torres sobre Pedro Madruga e o outro de Benito Vicetto titulado ?Floralba?. ??Un hombre del 98. Camilo Bargiela, novelista de Tuy? (12 de novembro de 1949) no que analiza o conto ?Pavesas? do libro Luciérnagas (1900). ??Tuy en la novela. El romántico Dr. López de la Vega? (3 de decembro de 1949) dedicado á novela La perla del valle que este autor publicou como folletón no xornal coruñés El Comercio Gallego en 1877. ??Tuy en la novela. ?Las tinieblas floridas? de Mauricio Bocarisse? (18 de decembro de 1949) e que era a primeira parte dun artigo mecanografado, e incompleto, que se conserva no seu arquivo e titulado ?Tuy en la novela. IV los contemporáneos?. Fala do libro Como nace el amor publicado por Luciano de Provenza, que el identifica con Mauricio Bacarisse erroneamente pois trátase de Manuel Dominguez Benavides (Ponteareas, 1895 ? México, 1947), que tamén fala de Tui noutras das súas novelas. Finalmente cómpre apuntar que Xosé María Álvarez Blázquez emprega o pseudónimo de ?Pepe do Rollo? sobre todo para asinar diversos epigramas que edita no libro Sal e pementa, escolma de epigramas publicado en 1968 na colección O Moucho. No seu sobrenome atopamos noutra oportunidade unha referencia tudense, emprega o topónimo do emprazamento da casa familiar tudense do arrabalde do Rollo para asinar estes poemiñas satíricos, que na recente edición da súa Poesía completa, en 2008, podemos coñecer na súa integridade. b) O labor arqueolóxico: Anteriormente xa enunciamos o labor arqueolóxico de Xosé María Álvarez Blázquez dirixido por Manuel Fernández Costas e realizado co grupo de rapaces Ultreyas de Tui. Froito deste traballo de pescuda e investigación son diversos artigos e traballos que describen as diversas campañas de escavacións e/ou prospeccións realizadas no territorio tudense e a súa bisbara. Cronoloxicamente son: ??Rexistro do Museo de Tui: campaña 193334 Tomo III, Campaña 193435, tomo IV?. Manuscrito inédito ata este ano e publicado no libro Xosé María Álvarez Blázquez e Tui:
Un fato de mozos e mozas ?Ultreyas?, âs ordes do mestre D. Manuel Fernández Costas, rubimos unha serán ao Monte de Cabeza de Francos, cunha eixada na man iun pouco de romanticismo no miolo. Ao empardecer baixamos cos petos ateigados de testos de barro. De entón para adiante os nosos folgos, remataban no castro, io segredo do castro remataba en nos. Diste xeito fumos faguendo una morea de materiais recollidos, que era perciso organizare ieispoñer. E entón xermolou a ideia de un museo, no que xa se tiña matinado e onde se ofresceran, non soilo aquiles ouxetos apañados no Castro, senón tamén todo o que fora merescedor de tal honra. O Claustro do noso Instituto, sempre aberto e cobexento, ofresceunos local e mobles io Concello d'entón deunos dous centos de pesetas. Ieisí temos vivido un ano. Agora ollade o que se ten feito e decide dimpois se o noso ?Museo? non merezce unha axuda que ninguén debia de lle refugar.
Nº 369
238