Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
entrevista de 1982 como outra das manifestacións da súa fascinación ?por todo o que comeza?, impulso que constitúe tamén o núcleo significativo de Roseira do teu mencer. O reencontro do poeta adulto desde a memoria co neno que foi feliz nas horas do verán en Baión resulta inseparábel da identificación do seu ser coa Terra esencial, co mundo primixenio e primitivo, cerna da razón transcendente e colectiva: ?Como che vou cantar, terra da ialma,/ se non é coa lembranza do máis puro, / co inxel descubrimento da túa entrana,/ na nosa mutua primixenidade?. Mutua primixeneidade, diálogo e fusión entre as raíces do homeneno e as da Terra orixinaria, aquela fascinación do xenesíaco, a simpatía por todo o que comeza. Finalmente, popular, radicalmente popular, é o heterónimo epigramático Pepe do Rollo, autor dunha serie de coplas satíricas, varias delas incorporadas á escolma de epigramas titulada Sal e pementa que editou Castrelos na colección O Moucho en 1968. Xosé María Álvarez Blázquez recuperou daquela o seu hipocorístico infantil, Pepe, e o topónimo local da súa infancia, o do barrio tudense do Rollo, para dedicarse a facer ?versos de rueiro ou calella, cando non de praza vilega?, motivados polo ?cabreo que lle entra a cada intre polas cousas que escoita e ule e ve?18. Alén da procura dos sinais de identidade colectiva orixinaria, desde 1936, os intelectuais galeguistas tiveron que ocuparse tamén en labores de reconstrución da nación esnaquizada polo terror de estado. Nese esforzo de recuperación da respiración comunal, Xosé María Álvarez Blázquez non actuou en solitario. Pero acaso ningún outro escritor da súa xeración diversificou tanto e con tan teimoso esforzo o aparello inquisitivo. Celso Álvarez Cáccamo entende que ?na sua visão inerentemente colectiva do que são as letras e outros signos, praticou a recolha dos pedaços dos tempos para unilos da forma que tivesse mais sentido?19. De ?reconstrutor dun país en anacos? cualifícao o xornalista Manuel Xestoso, quen reparou especialmente na faceta de coleccionista do escritor tudense, actividade que pode ser entendida como ?metáfora do construtor dun mundo?. ?E que outra cousa fixo Álvarez Blázquez ?pregúntase Xestoso? senón recoller anacos dunha cultura ?cantigas, machados de pedra, documentos antigos, libros raros e preciosos...? para pescudar no sentido último que esa múltipla colleita lle revelaba??20. Menor ou nula transcendencia pública atinxiron algunhas das súas coleccións, lecer privado ?aínda que compartido coa familia? como o que obtiña dos seus álbumes de tarxetas de visita ou das moreas de naipes de variado deseño. Pero o etnógrafo colleitou ao longo de toda a súa vida milleiros de mostras da cultura popular que regresaron á casa do pobo a través das páxinas de Edicións Castrelos en títulos como Cantos de Nadal, Aninovo e Reis, Cantigas do viño, O libro do marisco, Cantares de cego ou Os nomes da terra, entre outros. O ávido pescudador de manuscritos, viaxeiro co seu socio da librería anticuaria e da editorial Monterrey, Luís Viñas Cortegoso, polas bibliotecas dos pazos, mosteiros e casas reitorais de Galiza, entregou preciosas descubertas de inéditos como a Égloga de Belmiro e Benigno21, de Nicomedes Pastor Díaz, cuxa autoría demostrou. E o fervoroso
51 Nº 369