Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Rodríguez Baixeras, ?denota, no fondo, e puntualmente, unha arte sospeitosamente moderna, algo afastada do poeta do s. XIII?8. Sen deixar de escoitar o mundo e a música dun trobador medieval, eu sinto tamén a Xosé María Álvarez Blázquez nestes versos de Golparro: ?Madre, a San Treeçon irei / e no río banharme ei / ante que saya l'albor.? Malia a devandita posibilidade de sentirmos a presenza poética do compilador do apócrifo cancioneiro no substrato fondo daquelas composicións, non cabe inscribir sen máis o libro na nómina da escola neotrobadoresca. Baixeras sitúao ?nos lindes da corrente neotrobadoresca?. Darío Xohán Cabana aclara que
BouzaBrey, Álvaro Cunqueiro ?e o propio Álvarez Blázquez doutros libros e poemas? son poetas modernos que xogan a imitar os ritmos devanceiros e conseguen marabillosos obxectos poéticos modernos cunha aparencia antiga, coma un neorrománico ou un neogótico literario. Pero nestes poemas Álvarez Blázquez non imita: transfigúrase en Fernando Esquío ou en alguén que tanto pode ser Pedro Amigo como Roi Páez de Ribela, ou mesmo nun xograr humilde e descoñecido, e desde esas personalidades constrúe cantigas 'auténticas'.9
O Cancioeiro de Monfero, xenial brincadeira, orgullosa exhibición de virtuosismo fronte ás posíbeis reticencias suxeridas por Darío Xohán Cabana no seu magnífico estudo sobre a vida e a obra de Xosé María Álvarez Blázquez, non permite ser situado no centro da cuadrícula asignada pola crítica á escola neotrobadoresca. Aceptaría, en todo caso, a súa ubicación nas lindes que deseña Baixeras na rigorosa introdución á edición da Poesía Galega Completa. Tampouco non se trata de poesía imitativa ou simple reconstrución erudita. É poesía medieval, trobadoresca, obra dun home tan fervorosamente seducido polo engado da historia que foi quen de desprazarse en viaxe astral ao tempo lonxincuo dos seus soños e revitalizar a voz do coro colectivo, o acento singular dos poetas antigos. Poeta popular, partícipe, pois, na elaboración do discurso lírico da tradición que afunde as súas raíces nos alicerces históricos do idioma e da cultura de noso, o autor de Poemas de ti e de min10 ?da parte que lle correspondeu no volume cuxas páxinas compartiu co seu irmán Emilio? e de Roseira do teu mencer11, verbalizou tamén nestes libros a súa vontade de dialogar ?coas esencias líricas da terra?. Non resulta doado establecer fronteiras precisas entre as manifestacións da tradición popular, as do imaxinismo neopopularista e as do neotrobadorismo que se expresan nos dous primeiros poemarios galegos de Álvarez Blázquez, que xa se mostraban no inédito Arco da vella, ?conxunto de onde procede, por decantación, Poemas de ti e de min? e que continuarán a deixarse sentir nalgúns poemas de Canle segredo e da obra dispersa anterior e posterior. Os matices entre estas diferentes opcións estéticas non modifican no esencial o rumbo cara ás orixes que incitaba a súa escrita poética. Os escritores neopopularistas e neotrobadorescos andaban tamén á procura de raíces e sinais de identidade orixinarios, na mesma dirección en que se movían pintores primitivistas como Colmeiro e Maside, artistas cuxa obra apreciaba
49 Nº 369