Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
É un espectáculo tristeiro de máis ollar coma os poetas nosos fuxen dos recursos que a nosa lingua, a nosa paisaxe i a nosa raza lles emprestan, pra adoutar unha postura incómoda de servil imitación allea, cando podiamos, coma outrora, encher o mundo inteiro coas nosas cantigas, ios cantares de amigo e de amor.? (Filgueira Valverde 2008: 304).
Era tamén a posición alerta do mozo nacionalista, o autor do bravo alegato titulado Berro en lembranza dos herois de Carral3, o militante das Mocidades do Partido Galeguista, desacougado coas ameazas e éxitos da colonización cultural, defensor e decidido colaborador na construción de sinais dunha identidade política cuxo sentido había que procurar na historia, na indagación das orixes. A atracción polas fontes da tradición é tamén, ou sobre todo, procura das raíces da nación que nos explica e identifica. O diálogo do poeta popular e trobadoresco (e tamén neopopularista e neotrobadoresco), a conversa do investigador medievalista coas falas da primeira lingua literaria galega, foi o discurso indagatorio e reivindicativo de quen loitaba por arrincar do silencio e a sombra a verdade descoñecida, a colectiva razón oculta. Fiel ao programa enunciado no inquérito de 1936, Xosé María Álvarez Blázquez contribuíu decisivamente a encher o mundo noso coas cantigas de amigo, de amor e de maldicir, que escolmou en 1953 e estudou durante décadas. A Escolma de poesía galega. I. Escola medieval galegoportuguesa (11981346)4 representou para centos de lectores a primeira porta de entrada ao coñecemento da nosa lírica medieval, organizada nunha selección cuxos criterios de calidade non perderon vixencia e acompañada de textos analíticos e valorativos cuxo aprecio manifestou así Xosé Luís Méndez Ferrín:
[...] fico admirado ?agora mesmo? de que os xuícios críticos formulados entón e as valoracións estéticas alí feitas sigan a ser válidas nos nosos días. E non importa que Pellegrini, e Tavani, e a StegagnoPicchio e a Reali e o Celso Cunha viñeran coa súa sabedoría, a súa rigorosa pericia e a súa sensibilidade receptora, a traballar nos eidos da nosa lírica medieval desde entón. Non teñades medo: Esquío, Afonso X, Torneol, Codax, Nunes, todos son exactamente aquilo que X. M. Álvarez Blázquez dixera que eran, con lucidez e en arrautadas de emoción simpatizadora, incluído o intre en que califica a Pero Meogo como 'o meirande poeta galego de tódolos tempos'. Porque é así.5
O antólogo cumpría con entusiasmo, sabedoría e atinada ollada analítica aquel propósito seu de ?popularizar a poesía, que é cousa de todos?. O ambicioso lema concentraba varios obxectivos complementarios: a asunción por parte do creador dos modelos temáticos e formais da lírica popular, a divulgación do corpus poético da tradición e a eliminación de atrancos ?preferentemente gráficos e de lectura crítica? que dificultasen o acceso do destinatario aos textos. Álvarez Blázquez entregouse con afán á elaboración dun discurso poético que se identificaba ou reinterpretaba a voz colectiva, como poeta popular ou como seguidor das tendencias neopopularistas e imaxinistas cuxos referentes de autoridade principal foron para el Federico García Lorca e Luís Amado Carballo. O estudoso, o compilador da lírica medieval, o etnógrafo e difusor da poesía tradicional,
47 Nº 369