BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
do personaxe (discurso citado), a manifestación do seu laio con esa arela que se sabe imposible de querer dar volta, de volver ó encontro da súa namorada. ?Infelís amador?, xa que logo, porque trala obrigada separación, e ardido de amor, non se pode cumprir o que o seu corazón lle pide; só lle queda, pois, a soidade e o desamparo (?as aves i o buque fuxían / sin ouir seus amargos lamentos?), e só atopará saída ó seu horrible estado na morte suicidaria. De outra banda, é a sotil montaxe perspectivista do narrador segundo apuntamos a que permite tensar ó máximo o dramatismo no poema e lle dá especial eficacia de recepción. En razón desa estratexia, o lector, máis alá da lóxica argumental, entra no corazón dos protagonistas, faise partícipe directo de cómo vive cada un a separación, a mágoa de amor, comparte os seus tan doridos estados de alma, conmóvese, en fin, cos ?desdéns? que cree sofrir a rapaciña, e coa desgracia do ?infelís amador?. E, por suposto, queda sobrecollido polo tráxico final de morte, resultado da mágoa de amor, na que se consuman os amantes. En resume, e confirmando a perfecta coherencia textual, poderíamos dicir que o (autor)narrador, ó utilizar na modalización esa estratexia perspectivista, fai que o argumento social (que viría dictado polo motivo da emigración) quede modulado (e modificado) polo argumento sentimental (motivos da tópica amatoria, separación / ausencia mágoa / morte), mostrándonos coa focalización sobre os protagonistas os seus dramáticos estados de alma, ateigados de confusión e desespero. Ademáis, o argumento sentimental a súa melodía marca, de principio a fin, a coherencia textual, segundo estas dúas liñas:
ELA
sinte o desamor síntese abandonada (?desdéns?) sinte a ausencia da amada
vivencia da mágoa / angustias de morte mágoa, desespero, arela de voltar
morte de amor
EL
morte suicidaria
Queda logo, xa por último, o relevo da forma lírica da escena, marcada pola pertinencia do discurso de personaxe, tal o caso de ?Noiturnio? (poema xa comentado dende outra perspectiva). Trátase, neste exemplo, da dramática montaxe escénica axustada en tódolos seus formantes da situación dese vello labrego, víctima da desposesión íntima e social, cunha axeitada polifonía ou xogo de voces que se suceden, articulan ou combinan con sabio acerto compostivo. Así teríamos:
i) Voz do narrador que nas estrofas III dá a acotación escénica, coa localización espaciotemporal (pór do sol, aldea remota, o monte) e identificación actorial (o vello labrego que se senta nunha pedra á veira do camiño).
Nº 362
188