Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
táctica desautomatizadora da tópica amatoria que fai Curros, pois que ese drama sentimental dos namorados separación, ausencia,mágoa? ven motivado por un feito social (non menos dramático), o da emigración, que obriga ó ?infelís amador? ó doble desarraigo (da terra e do seu ser querido). Quérese dicir, a composición abre, entón, unha intensa interacción entre dous niveis temáticos: un propio, certamente, dun drama sentimental (de ben tráxico remate), e outro que corresponde a un drama social e que converte á parella de namorados en víctimas dunha inxusta situación de privación. O segundo aspecto importante ten que ver precisamente coa modalización do poema, e, aínda mais, a súa falla de consideración leva motivado ata onde entendo certas valoracións inexactas sobre os principios de coherencia da composición. En tal sentido, Carballo Calero e Alonso Montero19 e logo, seguíndoos, outros estudiosos teñen subliñado a ?incongruencia? debida, supoñen, á inmadurez do poeta nesta primeira mostra súa entre o comezo (cando a rapaza se lamenta dos ?desdés dun ingrato galán?) e, despois, o desenvolvemento do fío argumental coa presencia do motivo social da emigración (que dá razón do abandono por parte de ?infelís amador?). É dicir, e segundo esa interpretación, os ?desdés? de que se laia a rapaciña non se corresponden coa verdadeira acción do seu namorado, que non a deixa por desamor, senón pola obriga do seu estado de privación (ten que emigrar)20. Dende o noso entender, o poema mostra unha admirable coherencia argumental, compositiva. Sucede, nembargantes, que na estratexia da modalización, e mesmo para potenciar o seu dramatismo, o narrador xoga cun sutil manexo perspectivista en relación cos protagonistas e a súa situación. Así, e no comezo, o narrador lírico focalízase na vivencia de íntimo desacougo da rapaciña namorada, que, envísa na dor de ausencia, non acerta a discernir (a ?razonar?) o motivo ?real? da separación. Ben pola contra, sinte esa separación, dende ese confuso estado de alma, coma un ?desdén?, certamente, coma un xesto de desamor, de inxustificado abandono. Da aí, ademáis, a importancia, e o acerto, do discurso de personaxe, da voz actorial que en directo nos deixa traslucir toda a súa confusión íntima que a mágoa lle motiva, pois que mesmo xa se sinte morrer:
I a coitada entre queixas decía: ?Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben?. ? (vv. 58, p. 493)
Despois, a focalización do narrador pasa ó namorado, que se nos localiza ?lonxe dela de pé sobre a popa / dun aleve negreiro vapor, / emigrado, camiño da América?. Mailo importante, de outra volta (e o novo acerto na estratexia modalizadora), vai ser o dicir
187
Nº 362