BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
En todo o século XIX só apareceron tres Cartillas con este pretendido obxectivo. A Cartilla Cristiana Constitucional38 que imprime no ano 1820 o impresor liberal D. Manuel Antonio Rey. En realidade non é un comentario á Constitución senón a unha serie de artigos desta: o 168, sobre a autoridade do Rei; o 173, sobre o xuramento que debe prestar o Rei; o 212, sobre o xuramento que debe facer o Príncipe de Asturias; o 117, sobre o xuramento que farán os deputados, e os artigos 91 e seguintes, sobre as condicións que se precisan para ser deputados. O impresor compostelán Rey indica que se trata dunha reimpresión, pero non nos di quen foi o seu autor. O autor era D. José López Cancelada, comisionado principal do Crédito público na provincia de Léon, quen imprimiu a Cartilla Cristiana Constitucional en Madrid39. Nesta Cartilla non hai preguntas nin respostas. Exponse un artigo da Constitución e, a continuación, López Cancelada fai como unha especie de advertencia aos lectores e remata cunha oración. Por exemplo:
?De la autoridad del Rey? Art. 168: ?La persona del Rey es sagrada e inviolable, y no está sujeta a responsabilidad. El Rey tiene el tratamiento de Majestad Católica?. Comentario: ?Cuidado, españoles, con respetar al Rey como manda la Constitución. El Rey es persona sagrada. El Rey representa a Dios en la tierra?. ?Agradecimiento cristiano?: ?Bendito seáis, Señor, Dios, Rey de los Reyes, que habéis dispuesto por la Constitución que el de España sea católico para asegurarnos el evangelio de vuestro único Hijo, sin que ninguna secta pueda introducirse y hacer variar nuestra santa creencia?.40
A Cartilla Cristiana Constitucional, que comentamos, mesmo parece escrita por un absolutista que selecciona só algunhas cuestións para testemuñar que neses puntos a Constitución nada altera á tradicional lexislación española. O que sorprende é que o impresor Rey, que era un liberal radical, elixira precisamente esta obra para reimprimila. Posiblemente a seleccionou por ser unha das primeiras cartillas impresas en España41 e para que o pobo e as forzas absolutistas depuxeran as súas prevencións contra unha Constitución tan cumprida e respectuosa coa monarquía. Xa se publicara con anterioridade en Galicia outra cartilla política moi distinta da que acabamos de expoñer: Cartilla Natural y Política del Ciudadano Español, impresa na Coruña no ano 181242. Aínda que apareceu como obra anónima, sabemos que foi redactada e impresa por D. Antonio de la Peña43, un intelectual comprometido co liberalismo que chegou á Coruña en agosto de 1811 fuxindo dos franceses que ocuparan Valladolid, cidade na que de la Peña tiña a cátedra de Economía Política da Real Sociedad Económica e era, ademais, Director de Matemáticas da Real Academia de Valladolid. Acollido polos liberais da Coruña, nomeárono redactor do xornal El Ciudadano por la Constitución e conseguiron que fora elixido Secretario da Xunta de Censura de Galicia.
Nº 366 312