BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
desta carta de Juan Manuel Paz Novoa dirixida a Murguía exemplificar as distintas posicións ideolóxicas sobre este problema:
Estoy conforme con todas las indicaciones de U. sobre la cuestión foral, menos con una, que el foro subsista en lo sucesivo sin el subforo9. Aquel contrato tiene condiciones esenciales incompatibles con la Justicia. Me haré cargo de esta observación de U. detenidamente y en ocasión oportuna. [...] Es claro: yo no veo la cosa como cuestión puramente jurídica o económica; al contrario, para mí es social. Se trata de redimir de su servidumbre de hoy al proletariado de los campos; se trata de elevar al forero a la condición de propietario; se trata nada menos que de la emancipación de la clase trabajadora. Este será mi pensamiento capital; a su realización tenderá mi humilde tarea10. ¿Disgustará a los poderosos? Que se amuelen. ¿No será agradecido el pensamiento por aquellos a quienes favorece? No importa; me cabrá la satisfacción de haber proferido una palabra de Justicia.
O compromiso coa súa terra queda xa explícito desde a dedicatoria do seu estudo sobre dos foros: ?Dedico estas páginas al virtuoso y distinguido demócrata Eduardo Chao, que anhela como yo la emancipación social de esta noble y honrada tierra de Galicia?. Esta mesma preocupación social podémola advertir cando en vésperas da revolución do 68, escribe a Murguía unha carta na que se lamenta do escaso afán de loita do pobo:
Ayer hemos tenido aquí, de paso para Celanova, a los frailes escolapios que van a establecer en Celanova un colegio de 2ª enseñanza. Se da como cierta la suspensión inmediata de todos los institutos de España, y se dice que se encomendará a los susodichos frailes la enseñanza de aquellos establecimientos. Lo siento por mí, que tendré que perder la cátedra11; pero no por este pueblo salvaje, indigno de la emancipación social, cuya bandera, tres veces desplegada, y otras tantas vencida, no ha sabido o no ha querido comprender, o por necedad o por miedo.12
Paralelamente a esta dedicación ao foro e á docencia, Paz Novoa estivo desde a súa época de estudante en Santiago moi relacionado co mundo xornalístico. As colaboracións, especialmente poéticas, na prensa son moi numerosas e empezan, que nós teñamos noticia, en 1858 coa aparición de varios poemas nas distintas entregas da publicación Album de El Miño, suplemento literario do xornal vigués do mesmo título13. Sabemos que unha boa parte da tarefa intelectual do avogado de Ourense está marcada polo súa dedicación ao periodismo, un periodismo que nace na parte baixa da súa casa familiar pois o seu pai, Francisco Paz, era propietario dunha imprenta. Esta circunstancia permítelle ao seu fillo publicar un xornal, El Eco de Galicia desde o ano 1870. Neste xornal comeza a publicar algúns artigos sobre a cuestión dos foros. A favorable acollida e o interese que espertan estes artigos decídeno a amplialos e publicar un folleto, para o que merca papel belga. Grazas a esta publicación, que se sostén coas subscricións, di Paz Novoa que lle está a solucionar un problema a seu pai, que tiña a xente da imprenta a folgar14. Esta situación era bastante cotiá nas empresas familiares que dependían dos
Nº 366 306