BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
??? na quentura das eiras amorosa ??? buscando sol e froitos nos centeos, rachando chambras verdes e brincando de valado en valado polos peitos.
Metáforas creacionistas das que emerxe a impresión dunha paisaxe mental e abstracta, de sorprendente beleza. A natureza impregna toda a poesía de Avilés. O home vólvese invisible, tan só quedan as súas emocións nas palabras para suxerir esa paisaxe auroral que todos levamos dentro de nós. Estes símbolos empregados por Avilés veñen marcados pola preocupación da volta ó paraíso perdido. Unha maneira de expresar esta arela de subir, de voar cara a espacios inalcanzables e superiores da fantasía. Avilés tiña conciencia de que toda a súa obra foi unha poética da luz e da alegría:
Eu non roubei a luz, soamente quixen ..................................... facer quizais como unha nave de ouro compañeiro do vento e da ledicia.
Unha longa viaxe polos camiños do mundo para retornar á Patria, ó paraíso da infancia e á calor da casa ?onde se forxan os alicerces da beleza?. O poeta foi consciente de que a poética da luz iluminou tódolos seus libros. En 1991, nunha agarimosa lembranza de González Garcés, escribe:
Hai un poema de Garcés do ano 54 ou 55 que non sei del unha palabra de memoria, mais sei o poema enteiro, o seu significado, a súa música, un poema que é algo mais que a palabra pois deixou en min unha raíz perenne. Ese poema titulábao Don Miguel ?Mineiro de luz?, e é o traballo inmenso do poeta de ir excavando a escuridade para chegar por fin á luz. É posivel que todo o que eu fago non teña que ver con iso, pero cando escribo ese é o meu propósito e teño poemas que realmente o manifestan.
Recoñece con toda humildade, ese texto de Garcés, que había de marcar non só a súa mocidade, senón todo o seu labor poético na procura desa luz verdadeira, acendida da emoción e sentimento para que iluminase a realidade. Poesía a ?plein air?, que nos envolve de luz e fermosura, poesía pola que corre o río sagrado da vida que nos acende o corazón de ledicia. As paisaxes máis nidias e puras da alma habitaron os teus versos, que agora viven tamén na nosa memoria. Sempre nas cerdeiras máis altas, os paxaros terán para ti un canto no labre do aire. BIBLIOGRAFÍA DE AVILÉS DE TARAMANCOS
ÁLVAREZ CÁCCAMO, X. M. (1996): ?A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos?, Historia Literatura Galega, vol V, Vigo, páx.1442 e ss.
Nº 364
152