Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
nogueira frolecida polas veas ??? bermello sancristán nas cereixeiras ??? Mansío enfeitizado polo bosco. ??? e son lecer de longa carballeira
Na infancia coñecémolo mundo polos sentidos e ese coñecemento vai prevalecer na idade adulta. Son sensacións que nos acompañarán ó longo da vida, configurando, na nosa memoria, imaxes dunha nova realidade íntima e construída sobre vivencias sentimentais. É importante que non esquezamos que a infancia marca o home e sempre se evoca pola lembranza dunha toponimia sentimental onde as árbores e os paxaros, como moitas máis cousas, terán case unha presencia sensorial na memoria. Cando Avilés nomea os paxaros e árbores das Terras de Taramancos, non só está lembrando a súa paisaxe natal senón tamén está facendo referencia ás paisaxes interiores da súa xeografía sentimental da lembranza, porque paxaros e árbores, bosques e carballeiras, mar e ceo son parte dese territorio inviolable da infancia, único paraíso da inocencia e da liberdade bañado pola luz da alegría. A verticalidade, como símbolo ascensional e contrapunto da caída e das tebras, significa o cambio, o soño e as arelas espirituais, ese pulo interior cara á luz, á altura:
Ter alma de pino ou de menhir alzado para aloumiñala noite do corazón escuro.
Metáfora do home é a árbore porque está en contacto cos tres niveis cósmicos, funde as raíces no escuro, crece na terra e ábrese á luz, facéndose aéreo:
Son todo paxaros, remuíños e vento nesta arbre íntima.
Non podemos rematar esta esculca sobre A frauta yo garamelo sen nos ocupar de se hai ou non preocupación por plasmala paisaxe. Se en As moradías do vento hai unha exaltación da paisaxe e da natureza. En A Frauta non. Ó mozo Avilés non lle interesa pintar paisaxes senón recrealas desde unha imaxinería vangardista, xa que procura tan só plasmala pegada sentimental que queda na lembranza por medio de metáforas de gran forza plástica e sensorial. Basta unha palabra fieitos, carballeira, bosco para evocar na memoria do lector toda emoción dunha paisaxe recreada na súa imaxinación.
tremor de folla tenra na silveira ??? Rula que rula e rula no carballo esquecido en congostras,namorado do ermo.
151
Nº 364