BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
humano, plantado verticalmente tamén entre o ceo e maila terra, unindo o mundo superior do espírito cos mundos inferiores da materia. ?Cántico a albre? é un poema cheo de metáforas cun alto contido simbólico:
e son todo paxaros, remuíños e vento ??? Son arbre, vello labrego, todo campás e calcos de douradas espigas ??? Todo o meu froito é luz de follas e de ás transparentes.
O texto pechase coa desaparición do Eu como suxeito lírico e a árbore permanece ergueita, vertical unindo o mundo da luz co da tebras, o ceo coa terra. A árbore funciona, pois, como un dobrete de identidade entre o cosmos e a natureza e entre a árbore e o home, ser de ilusións e saudades.
Albre, entusiasmada amiga, crecendo volvoretas na testa xermolando ledizas dende a profundidá das estrelas.
Na edición (1982) feita por Bodaño, mentres que na facsimilar (2000) de Dolores Arxóns e Xavier Castro Lemos:
Albre, entusiasmado amigo, crescendo volvoretas na testa xermolando ledizas pola profundidá das primadeiras.
Variantes que afectan o seu significado último. Na edición de Bodaño podemos interpretar unha alegría da vida máis fonda e cósmica mentres que na primeira predomina a imaxe da alegría, da vida enchida de luz. No poema aparece a árbore con paxaros, con campás, con vento e bolboretas, todo cheo de luz, e que nos está suxerindo dun xeito inconsciente, un estado de alma, a través da imaxe vivencial e sentimental que está fóra do significado das palabras. Os dous termos (home e árbore) están arraigados na escuridade, os dous funden as raíces nas tebras e medran cara a arriba, buscando a luz. A árbore do poema sintetiza tódalas árbores das paisaxes da aldea. É unha árbore abstracta, mental, que funciona como signo de renovación e transformación do home que soña unha realidade que teña as cores limpas da fantasía. No libro atopamos, ó igual que os paxaros, unha serie de árbores individualizados nos seus nomes (carballo, nogueira, cerdeira, loureiro e oliveira), así como os colectivos (bosques, carballeiras, piñeirais):
bermello sancristán nas cereixeiras ??? rula que rula rula no carballo ???
Nº 364 150