Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
trarnos. Así, os trinta versos do Diálogo extractados por el para deitar luz sobre a penuria económica do reino parangónanse con textos satíricos de épocas moi distantes, tales como un pasquín sevillano de 1656 ou unha carta que Miguel Batista de Lanuza envía ó seu amigo o cronista Andrés de Uztarroz sobre tumultos en Sevilla a causa do pan e da moeda:
Sin duda, es cierto que este tipo de reacciones no se pueden circunscribir a mediados del XVII, ni siquiera al siglo en su conjunto porque, de hecho, son propias de todo el Antiguo Régimen, como las débiles estructuras que las explican y las políticas reales que las exasperan [...]. La sensación de violencia, agitación y penuria que transmiten tanto el aviso de Batista de Lanuza, de 1652, como el pasquín sevillano de 1656 y, secularmente, el diálogo de los campesinos gallegos [i.e. Diálogo de Alberto e Bieito] resulta consustancial con la época... (Bouza Álvarez 1999: 52).
Centrándonos na situación de Pontevedra pola época en que se sitúa o noso texto, os anos finais do s. XVI, a historiografía coincide en sinalar unha profunda crise económica e social18. O Diálogo de Alberto e Bieito ofrécenos unha sátira dos distintos sectores sociais e das consecuencias desa crise na vida cotiá. O parlamento inicial de Alberte, do que tan só se poden ler na súa integridade os seis versos derradeiros, parece un lamento xeral sobre a situación que encontra ó seu regreso a Galicia, facendo fincapé na precariedade en que viven os labregos:
Ja non ten o labrador con manténs carro ferrado nen ten bacas. Yo que é muyto peor, que anda o sayo ycalzado sen atacas.
Despois dun intercambio de noticias de tipo familiar, menciónase o problema dos abusos da soldadesca:
de soldados os camiños enpachados, furtando carros e bes[tas], queimando caniços e zes[tas].
A militarización do reino de Galicia ten importantes repercusións en tódolos sectores da sociedade19. O aumento da presión fiscal para facer fronte ós gastos derivados da defensa das costas, o corsarismo, as frecuentes levas e, especialmente, o problema do aloxamento das tropas e as provisións necesarias para o seu sustento pesan enormemente na vida cotiá dos pontevedreses dos derradeiros anos da centuria. Laura Fernández Vega
253 Nº 363