BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
apuntan, xa, as sombras da morte nas elexías a Castelao e Manuel Antonio e o desacougo do amor que aparece en transo erótico coa paisaxe da infancia. Un poema final pecha esta moradía inicial e anuncia o camiño da derrota; o poeta empeza a sentirse non soamente desarmado senón enterrado:
O SEMIDEUS DERROTADO O elmo ourilucente está guindado na inmensidá da gándara bravía, a espada escentilante non porfía na valerosa man de xesto ousado Esparéxese o pó no medio día testemuña da loita afervoada, e soio en pé a egua, camarada de tanta camiñata largacía. O seu carón a adágara rachada que en cen combates defendeu seu peito cobre de sombra a testa entusiasmada E sérvelle o terrón de cadaleito e de suario sérvelle a xeada a aquel que en valentía foi perfeito.6
Deste xeito, derrotado, ingresa Avilés, segunda etapa (19611990), na longa tradición da literatura exílica, unha especie de ferida que non acaba de cicatrizar, entre a aspiración do regreso e a imposibilidade inmediata do mesmo. O poeta era moi consciente da situación política e cultural que deixara en Galicia, nin sequera lle pasaba desapercibida a situación precaria na que estaban as institucións culturais cando dedica o seu libro A frauta yo garamelo nestes termos: ?Á Real Academia Galega, en espera de mellores tempos e labores. Febreiro do 1959?. Este sentimento de ausencia, de desterritorialización, ten sido acicate e inducción de múltiples versos, que non poemas, por parte dos nosos emigrantes, autores dun discurso étnico e societario, xa que non estético, de grande interese como detentor da nosa identidade cultural. Pero ós artistas, ós poetas como Avilés esta situación de desamparo adoita servirlles de estímulo e para reforzala idea de que habitan un mundo hostil e entrar deste xeito nun dos temas fundamentais de todo artista verdadeiro, a relación conflictiva entre o creador e o seu contexto. Pero ben é verdade que non hai unha única maneira de sentirse desterrado e Avilés empeza a reflexionar sobre a súa nova situación. E a partir de 1963, con Os poemas da ausencia, comeza un proceso de idealización e nostalxia amosando a cada instante a esperanza de recobrala terra perdida, recreando a Galicia en patria allea:
Nº 364 30