Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Quios ríos ios montes Fambos sonreir, Eu non sei que tendes E sei que sin bosco Non poido vivir.
O poeta ten quince anos pero xa aprende nos cancioneiros e na canción popular a fondura sentimental da ausencia. Unha proba evidente de que a literatura se escribe desde a literatura. Neste senso Avilés de Taramancos será un exemplo nidio, inequívoco. Noutro poema posterior (Tapal, 3, 1951, p. 6) xa nos introduce no tema co título do poema:
MORRIÑA Eu non sabía o que era morriña mais un día chegou esa hora en qó meu corpo debía sabelo ¡¡e seino agora..!! As saudades roianme os ôsos non comía nada, chegei a´nfermar, noite e dia chorando descía quen poidera morrer na terriña quen poidera marchar...
Este sentimento de ausencia, de fonda raigaña na literatura galega, que aparece xa nos poemas iniciáticos de Aviles4, actúa ademais como elemento estructurador, acoutador da súa creación poética que queda configurada en tres etapas. A primeira (ata 1961) recolle os esforzos do poeta por integrarse no discurso literario galego e está composta polos poemas de Avilés Vinagre5 publicados nas revistas Tapal (Noia), Atlántida (A Coruña), Sonata Galega (Pontevedra), Lar (Bos Aires), 4Ventos (Braga) ou Aturuxo (Ferrol). A primeira tentativa de afastalos ecos xuvenís e as pisadas de poetas recoñecidos polos seus versos será As moradías do vento (separata de Atlántida, A Coruña,1955), A Frauta yo garamelo (A Coruña, 1959), Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto (1959, publicados por primeira vez en O tempo no espello) e Poemas soltos a Maricarme Pereira (1961, tamén recollidos en O tempo no espello). Nesta primeira etapa aínda non acadara Avilés o ton propio da poesía que quería facer. Será necesaria unha ausencia de vinte anos para que paseniñamente, nun labor de forxa poética, de fragua e maduración sentimental, se amosara unha transformación que vai dende a indefensión da fuxida, da viaxe, ata o rearme para a loita vital e para o regreso. Avilés conseguira construír un mundo paradisíaco e silencioso asentado nas lembranzas dunha infancia rural, esperta e limpa, reflectida na ría de Noia. Pero tamén
29 Nº 364