Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Figura 19
dra facíano a cabalo a Tui, as cartas procedentes de Pontevedra e Vigo chegaban vía Ponteareas, e desde este mesmo punto as que viñan de Ourense pasando pola Cañiza. Logo desde Tui ían ata A Guarda e desde esta, por correo a pé ata Santa María de Oia. AS MARCAS POSTAIS E MATASELOS As primeiras marcas postais, das que xa temos feito mención, son as letras Gª. Seguindo o xa citado traballo de García Pascual esta marca da Gª de Tui (fig. 2) impresa en negro, sería a primeira marca de orixe de Tui, e está datada no ano 1758. Estas marcas eran as que indicaban o lugar de onde saían as cartas. Neste caso sería o de Galicia. Outra marca co nome de Galicia xunto co de Tui (fig. 3), feita en cor vermella, correspondería aos anos 17831798; en cor negra iría 17871806.
153 Nº 369
Figura 2
Figura 3