BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
do tempo. Os correos de Castela chegaban os venres pola noite e o máis cedo os xoves pola tarde. Deseguida despachábase para Pontevedra. Argumentaba dicindo que se o correo se detiña vinte e catro horas en Tui non podería chegar a Santiago con tempo para remitilas na valixa de Castela. Engadía que se querían que se detivesen máis tempo deberían remitilas eles mesmos directamente a Pontevedra ou Santiago, e indo directamente ao correo chegaría moito antes. O concello tudense non se conformou con esta resposta e, en 4 de setembro de 1756, reclamou de novo diante do Capitán Xeneral de Galicia dicindo que estaban incómodos porque a estafeta dos correos chegaba a Tui os sábados ás nove da mañá no verán e aínda máis tarde no inverno, sempre con irregularidade, ademais de atrasar o reparto das cartas, o domingo saía ás dez cara a Pontevedra. Engadían que como en Tui había autoridades de toda clase e en Pontevedra non, non obstante, alí detíñanse de xoves a venres, querendo os de Tui que se fixese ao contrario, invertendo o tempo, pondo a saída de Pontevedra o xoves pola noite, pare eles ter máis tempo para as respostas. O gobernador mostrouse conciliador e mandou que o encargado da estafeta de Santiago enviase o condutor cun parte no que se puxese a hora á que saía, e que fixese o mesmo o administrador de Pontevedra para que non se detivese máis do tempo necesario e chegando a Tui puxese a hora de chegada, todo isto para investigar a quen se debía culpar polos atrasos. Nun plano dunha parte das murallas de Tui do ano 1762, conservado no Arquivo Histórico do Exército de Madrid, figura o nome de don Ventura Arias de Puga como administrador dos correos na cidade, o caso foi porque usurpara un terreo que era do rei, de servizo propio das defensas da muralla, que estaba tras e nun lado da súa casa que era a antiga dos Correa no cabo da rúa Corredera, onde hoxe vemos unhas palmeiras. Despois da guerra de independencia contra os franceses, nun manuscrito, datado no ano 1810, reproducido por FernándezXesta2, e asinado polo secretario da Xunta de Defensa de Galicia, señor Rivadeneyra, indícase a maneira en como era a organización dun servizo de ?corredores montados? a través da liña A CoruñaBetanzosGuitirizLugo, cunha nova instalación dunha liña que saía de Betanzos a Santiago e Tui, con que os itinerarios de postas aseguraban xa dende entón unha comunicación norte sur (MondoñedoBetanzos, BetanzosTui), (fig. 1). O documento contén toda sorte de precisións: que os que levaran as cartas terían que facer o servizo por quendas, e ao que lle tocase debería ter o cabalo enselado día e noite para estar prestos a montalo, cando fose preciso terían que facer uso da súa corneta para avisar dende lonxe que viñan correndo e con moita présa. Tui, pola súa situación na fronteira, sempre estivo irmandada a Portugal. O dito que o Miño une e non separa sempre foi unha realidade entre as xentes das dúas bandas.
Nº 369 150