BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A Real Academia Galega no seu Centenario (19062006)
Galicia, a forza da palabra O sintagma Galicia, a forza da palabra elixido como título e lema da exposición do Centenario da Real Academia Galega aspira a presentar, sen renunciar á súa evocación definidora, o discurso identitario do país como un proceso construtivo que ?narra a nación? proxectando a imaxe dunha patria que se vai construíndo no mesmo acto discursivo. O discurso expositivo, xa que logo, quere facer un percorrido polo esforzo construtivo do Rexurdimento, capaz de elevar a palabra Galicia ata o corazón do pobo. E ao mesmo tempo queremos subliñar dúas ideas tamén implícitas na metáfora aposicional do título: que a lingua, a palabra é elemento substancial da nosa patria, é o seu ?semema? diferenciador; pero tamén remarca a normalización e grandeza que acadou o discurso literario desde Rosalía ata hoxe reafirmando que o nacionalismo galego atopou a súa mellor expresión cultural na literatura. Este é o motivo polo que un andar enteiro estará dedicado ao discurso literario e lingüístico. E este non podía menos que empezar por unha figura clave como a do Padre Sarmiento. Porque o propio Cancioneiro de Ajuda, que abre a parte primeira do discurso, peza que por si mesma abondaría para xustificar a Exposición, está inserido no Rexurdimento como descubrimento que foi no seu día e integrado deseguido no discurso construtivo de Galicia. Paralelo ao discurso literariocultural, elaboramos un texto expositivo de contido político e ideolóxico sen o que non sería posible entender o anterior. Empezamos este apartado en 1846, coa revolución liberal de Solís, porque o noso nacionalismo de mediados do século XIX identifícase co liberalismo e coa tradición da Revolución Francesa. Non é casual que os Mártires de Carral sexan homenaxeados polos integrantes da Liga Galega na Cruña ?Lugrís, Carré, Golpe, entre outros? que tamén serán fundadores da Academia Galega. A fundación da Real Academia Galega o 30 de setembro de
Nº 368
130