A Real Academia Galega no seu Centenario (19062006)
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A Academia Galega cando proxecta os actos conmemorativos do seu centenario sabía da responsabilidade social e cultural que estaba a asumir. Tratábase en definitiva de explicar de cara ao futuro o profundo compromiso histórico da institución que, máis alá das ideoloxías, sempre se mantivo firme na defensa do país dando continuidade aos esforzos construtivos que agromaron ao longo do século XIX. A Academia renunciou, no seu centenario, aos discursos laudatorios e nostálxicos para centrarse nunha homenaxe a todas aquelas persoas que desde a data simbólica de 1846 dedicaron o mellor de si mesmas a loitar pola liberdade de Galicia, xa sexa no campo da historiografía, da literatura, da política ou no mundo menos favorecido da emigración. Para acadar este obxectivo de honrar os construtores da nosa identidade nacional, proxectou a Academia unha exposición e tres actos singulares que significaban un percorrido polos lugares da memoria.
O nome da institución escrito por Manuel Murguía
129 Nº 368