Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Os libros que os poetas escriben cando saben que se achega o momento da súa morte son estraños, e nunca sabemos ben cómo debemos lelos. Hai poetas que levan a reflexión da morte persoal á súa poesía. Son conscientes de que están escribindo un libro póstumo, definitivo, testamentario. Libro testamentario é, sen dúbida, De catro a catro, de aí o carácter metafísico deses áxiles cadros sen marco vangardistas. Libro testamentario é A morte presentida de Eusebio Lorenzo. Libro testamentario vaino ser Última viaxe a Harar de Antón Avilés. A vida non é vivida, dixo un filósofo da linguaxe. Antón Avilés decidiu vivir a súa vida de poeta ata o instante da súa morte.
Sentir a terra sobre o corpo nu, Fresca de semear, sentir a rella Abrir o sulco e ver a sementeira Desde o fondo do amor. A eternidade Só así tería a dimensión perfeita.
O poeta viaxeiro é, xa o dixemos, un poeta terreal. O ciclo féchase. Como o das estacións. Quizais, sen procuralo, Avilés converteuse nun poeta metafísico. E triunfa, definitivamente, a obra. O Harar de Avilés está máis lonxe da palabra poética do que estaba o Harar de Rimbaud. Pero, ¿quen dixo que o poeta non pode testemuñar a última viaxe?
NOTAS
1 AVILÉS DE TARAMANCOS, A. (1992): Obra viva, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 214.
183
Nº 362