Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
darían en tres ducias de anos unha existencia tan sorprendente coma a do poeta Antón Avilés de Taramancos, hoxe residente na capital colombiana, e veciño do mundo?. A dicir verdade, o poeta compostelán non fai outra cousa que transmitirnos as noticias que, sobre si mesmo, lle vai dando o poeta noiés. É coma se o propio Antón Avilés estivese desexoso de crear, arredor de si, unha figura de artista, un poeta con vida poética, un personaxe novelesco. O mesmo nome, Antón Avilés de Taramancos é definitorio. Taramancos é, sen dúbida, a vertente terrestre do viaxeiro Antón Avilés, que tamén podería ser chamado Ulises. A oposición entre estes dous topónimos: TaramancosHarar permitiría reler boa parte dos contidos da obra de Avilés. Pero ó que imos. A Noticia achega as probas de que Antón Avilés é un poeta feito, e cada vez fican máis lonxe os anos de aprendizaxe á sombra do hiperbólico Lugrís. No artigo dásenos un adianto dun libro inédito, Poemas de ausencia, onde atopamos un poeta na súa plenitude creativa. Cunha voz propia, cunha linguaxe, e cun dominio da composición que serán, a partir de agora, recoñecibles.
Hoxe amiga quero soñarte núa, núa como un cristal na escuridade. é primaveira en Noia e a noite Será unha longa mina de diamantes. Ando lonxe e senlleiro triste e lonxe como unha besta acoitelada brúo e arrepíanse os Andes ao meu paso.
Este fragmento pertence, obviamente, a un poema de amor. Un poema, poderiamos dicir, de amor carnal. Os sete versos escolmados revelan, ó meu entender, aspectos fundamentais da poesía de Antón Avilés. A perfección formal dos hendecasílabos; a alternancia entre unha dicción contida e unha dicción altisonante; o poder metafórico; a temperatura emocional. Opóñense, ademais, dous escenarios antitéticos: Noia e os Andes. O de Taramancos, nome dunha aldeíña noiesa, escribe desde Harar, nome mítico da poesía moderna, desde o que non debe escribir ninguén. O máis difícil é saber regresar. Antón Avilés supera, en certo senso, a cuestión rimbaudiana escribindo desde Harar, e regresando de Harar. A lenda máis fermosa de Antón Avilés é, ó meu xuízo, a do regreso. O regreso á terra, e o regreso á poesía galega. Non vén coas mans baleiras. No ano 1982 publica O tempo no espello. Neste libro de libros rescata os poemas xuvenís e dá a coñecer tres novos poemarios. Vén sendo a súa poesía completa publicada ata aquela data. É, convén lembralo, un libro que ten moi boa acollida. Fanse dúas edicións, todo un triunfo para aqueles anos. Antón Avilés atopa, despois de tanto andar polo mundo, unha paisaxe poética na que se sente cómodo, e na que vai incidir como poucos autores.
181 Nº 364