BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
el desprecio de todos los que no lo son. Consiento en que no les guste pues también enfada a los gallegos el tonillo de los portugueses, andaluces, valencianos, catalanes, aragoneses, navarros, asturianos y manchegos; y no les enfada el castellano porque no saben cual es? (Elementos, BRAE, XV, 456). Despois da lectura destes recordos de natureza lingüística non resulta arriscado imaxinar como se foi forxando a preocupación constante que pola linguaxe sente Sarmiento. Nela, á parte dunha viva curiosidade por saber o que cada palabra significa ?lembremos a Charitas e Humilitas que distraen a súa atención na longa misa de San Xoan de Deus esta sen dúbida se vería presionada pola necesidade de aprender o castelá, lingua para os galegos ?poco menos extraña que la moscovita o morisca? (Educación, 228). E a loita contra o seu substrato galaico obrigouno sen dúbida, para non provocar a risa dos circundantes casteláns, a unha intensificación do estudio de dita lingua, a fin de non soamente non ser censurado, senón tamén para poder censurar a aqueles que non tiñan outro mérito que falar a súa lingua coma papagaios. A súa pluma, xa antes de saír de Galicia estaba ben exercitada, xa que el mesmo nos recorda que ?hasta 1710 escribí muchos pliegos para cosas de mis padres y para la Gramática (Vida y Viajes, p. 4). O feito amósanos que a cultura do fogar non sería moi grande xa que a pouca que tería Fr. Martín, daquela Pedro Xosé, aínda podía ser aproveitada por seus pais; os pregos dedicados á Gramática versarían sobre a latina e a súa traducción ó castelán. Deixa Sarmiento Pontevedra o 3 de maio de 1710 e entra no convento de San Martín onde profesa o 24 de maio do ano seguinte. En outubro dese mesmo ano sae para o colexio de Hirache onde permanece ata mediados de abril de 1714 en que regresa a Madrid. Dos tres anos de estancia en Hirache estudiando Artes, saen, na súa extensa obra, recordos de tipo lingüístico: desde este, empregando as súas propias palabras: ?acuérdome que estando el año de 713 en Navarra, noté que un portugués llamó nácaras a las castañetas?, ata toda unha rica serie de palabras dilectais rioxanas que alí apontou: andoça ou andoza, arañones ou marañones, argamón, amostajo, ayuco, ballueca, bortos, corilos, calderón, hacer los celebones, feldoce, handoce, gambre, lueso, livieso, murgallo, ocetes, palera, paparrasolla, quera, talamosque, tan, yasa, xulio, rica, zaborra, etc. Toda esta serie, e moitas outras, que aparecen nas Conjeturas ou no Glosario, inducen a pensar que xa por volta de 1713 tiña o autor a preocupación lingüística ben arraigada, e senón ós seus papeis, á súa feliz memoria, daba o coidado de anotar toda palabra descoñecida, para logo sometela a estudio. ?A mediados de abril, salí de Hirache para volverme a Madrid. Y a principios de octubre salí de Madrid para el colegio de San Vicente de Salamanca, a estudiar la Teología (Vida y Viajes, p. 5). A súa vocación fai que se dedique á copia de alfabetos durante o verán madrileño, alternando con este traballo un proxecto de diccionario grego, latino e castelán.
Nº 363 128