Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
entendí que le habían mandado guardar los pabíos, que son los cabos de las velas? (Onomástico, nº 194). El, falante galego, asocia ó pavo castelán co foneticamente máis parecido na súa lingua, o pavío. A palabra cerrajas é descoñecida en Galicia, e cando era rapaz, ó oír a expresión ?agua de cerrajas?, supuña que a tal auga era aquela na que os cerrajeros caldeaban os ferros; cerrajero e sarralleiro eran fácilmente equiparables no seu idiolecto, e cerrajas analizada nesta perspectiva achegábase á familia do cerrajero. Son estas anécdotas, probablemente, desenganos íntimos, froitos inevitables das esixencias da presión do castelán. Non hai dúbida de que non sería el o único falante sometido a estes erros. Caso parecido é outro que lle contaron: ?Acabo de oír a un castellano que estando en Galicia, había oído allí a un chico que estaba voceando para meter en la memoria esto: ?tu mihi dabis poenas?, ?tú me las pagarás?. O chiste estaba en que o rapaz pronunciaba pagarás como esdrúxulo. Así repetía mil veces: ?tu mihi dabis poenas, ?tú me las págaras?, ?tu mihi dabis poenas ?tú me las págaras?. A isto engadíase o bordón ?ahora, ahora?, di, ?tu mihi, tu mihi?, ?dabis, dabis?, ?tu me las págaras, págaras, págaras?, etc. ¿É esto exercitar a memoria? ¿Qué é esto senón un arbitrio para trastornar as potencias intelectuais da xuventude, cando están máis aptas para a ensinanza? ?Advierto ?segue a decir que hay expresión gallega casi idéntica con la expresión castellana ?tu me las pagarás?, y que no la ignoraría el estudiantillo, pues la oiría a sus padres más veces que quisiera cuando le amenazaban con esta tremenda expresión ?cala que ti mâs pagarás?. ¿Pues cómo el chico estudiaba págaras y no pagarás? Creo que he descubierto la causa. Hay en Castilla la máxima de que en tales y en tales ocasiones nada han de hablar los estudiantes en su vulgar castellano, sino en latín. En Galicia hay más: y es que cuando hayan de hablar en vulgar los estudiantes, es delito el hablar en gallego y no en castellano. Sábese que los gallegos no entran bien en la pronunciación castellana del ja, ja, xa, xa; y que si han de pronunciar la voz pájaras como en Castilla, dirán págaras. Creería el chico que págaras era castellano y así lo estudiaba de memoria? (Onomástico, nº 215217). É moi importante esta anécdota polo que dela se deduce; o estudiante ó ler no seu libro de latín a palabra ?pagarás?, non pensou no máis elemental, que sería telo asociado significativamente co galego ?pagarás?; nada diso; veu nada menos que a identificala coa pronunciación que el daba á palabra ?pájaras?, que a pronunciaría como ?págaras? a consecuencia de que os galegos dos tempos de Sarmiento tiñan moita dificultade para reproducir o son fricativo velar xordo, iota do castelán. Que tivese caído neste erro era bastante fácil xa que non sabía latín, nin sabía castelán, e tirou polo lado máis difícil tomando como base o substituto máis habitual do iota castelán, o gue fricativo velar sonoro. Tal feito, mencionado con enorme frecuencia por Fr. Martín serve para demostrar que no galego do seu tempo non había geada, xa que se a houbese, non tería a lingua que acudir á substitución do iota castelán polo máis parecido do seu sistema fonemático, o gue fricativo velar sonoro.
125 Nº 363