BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
36.
37.
38.
39.
gheada (véxase por exemplo en Sarmiento 1970, 2223 e 52). O mesmo acontece con Mariño (en Sarmiento 1995, 3037), quen opón sensatos reparos ós puntos de vista do profesor de Salamanca sobre estes dous fenómenos e recolle a bibliografía máis relevante sobre a cuestión. Véxase Filgueira Valverde, X. F., ?O remate inédito das Coplas galegas de Fray Martín Sarmiento?, Cuadernos de Estudios Gallegos XXIX (19741975), 722; Ageitos, J. L., ?Sobre las coplas gallegas del P. Sarmiento: un supuesto continuador?, en Verba 5 (1978), 42731. Mariño, op. cit, 1516, deixou definitivamente demostrado o carácter apócrifo da continuación que aparece en F. Véxase Filgueira 1972, cit., 96102, e Barbazán e Fortes Alén, art. cit., 284. Na ficha catalográfica do traballo de Filgueira fálase dunha segunda portada que reza: ?Manuscrito del P. Sarmiento hta. Ahora inédito. Año de 1827?. No traballo de A. Barbazán e M. J. Fortes dáse a seguinte información: ?Recopilacion de muchas Palabras voces y Frases De la Lengua Gallega / del Rmo. P. Sarmiento. 1745 / 436 p.; 21 cm. Ms.Castelán. Copia do orixinal, ó parecer realizada por Antón de Domayo e datada en Pontevedra o 17 de nov. De 1831. Enc. En coiro.Ó final contén un índice en dúas follas sen numerar. Sarmiento, 1.1.? Anotemos o erro de atribución da copia: ó remate das Coplas aparece o nome de Antón Domayo, que é un dos contertulios que interveñen na peza, e que se supón que ía tomar a palabra cando a obra se deixou incompleta. Este é o único caso en que F segue a A apartándose de B. Só se nos ocorren dúas hipóteses para explicalo: a 'contaminación' por consulta dun exemplar de tradición distinta a B, hipótese que deixaría sen explicar o resto dos casos que sinalamos (a non ser que tal exemplar só contivese o comezo do Coloquio, ou que por algunha razón o copista non dispuxese deste cando realizou o traslado do resto do texto), ou unha reconstrucción feliz, fundada no paralelismo entre os dous primeiros versos desta copla e os da anterior (o que non resulta moi verosímil): ?[62] Tamen dous rapaces / e amos pequenos... [63] Duas raparigas /...?. Os tres versos subliñados en F, probablemente para indicar que se trata de versos refeitos.
40. Parece claro que aquí a construcción sintáctica ?oras...oras...? axudou a reconstruír este verso. 41. B fundiu os versos 685,4 e 686,1, omitindo ?por certo?, F decatouse e separou os dous versos, pero deixando o primeiro incompleto. 42. ?Facheiros? era relativamente doado de conxecturar, gracias a ?fachas? do verso anterior, e estando en posición de rima eo. 43. B omite ?craro?, que como non rima, é difícil de conxecturar, polo que F limítase a reflectir a omisión. 44. Pintos, J. M. (ed.), Recopilación de muchas palabras, voces y frases de la lengua gallega hecha por el Rvmo. Padre Fr. Martín Sarmiento, Pontevedra, Imp. y Encuadernación de D. José Vilas, 1859. Sobre esta edición, e o influxo de Sarmiento en Pintos, véxase Xove Ferreiro, X., ?Uso e defensa do galego: Frei Martín Sarmiento e Juan Manuel Pintos?, en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (16951995), Santiago, Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago, 1997; vol. II, pp. 15567. 45. Trabajos literarios del Rvdo. Fr. Martin Sarmiento, escritos en el año de 1746, Mondoñedo, Imp. de Antonio G. Redondo y Compª, 1886. Consultando a copia parcial en microfilme da publicación que posúe a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago, atopamos que o folletín comezou a publicarse no número 29, de 5 de outubro de 1886. O folletín tamén inclúe un fragmento dun texto de Sarmiento sobre o mosteiro de Samos. 46. Refírese á antoloxía de A. de la Iglesia, El idioma gallego. Su antigüedad y vida, 3 vols, La Coruña, Latorre y Martínez, 1886; vols. III, pp. 21317. 47. No exemplar que manexamos faltan as páxinas 57 a 60 (estas incluídas), onde tiña que aparecer a copla 535. 48. A. López Peláez, Las poesías de Feijóo sacadas a la luz con un prólogo, Lugo, Talleres tipográficos de G. Castro, 1899; 165261. 49. Sarmiento, M., Colección de voces y frases gallegas (edición y estudio por J. L. Pensado), Salamanca, Universidad, 1970. 50. Sada / A Coruña, Eds. do Castro, 1982. 51. Sarmiento, M., Coloquio de vintecatro galegos rústicos (edición de R Mariño Paz), Santiago, Consello da Cultura Galega, 1995.
Nº 363
112