Traballos de investigación e estudo
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tendencia a substituír por : faz / fes, tras (1603Serra), ademais dos plurais uezes ~ vezes / pases; o señor das Achas mantén traz e faz (3v). 4. A representación de /m, n, / en posición explosiva non ofrece comentarios salientables, aga a multiplicidade do trazo diacrítico superposto a para representar a nasal palatal e o feito de que este falte de forma sistemática nas cartas de Beatriz da Serra e de forma ocasional noutros autores (nos casos evidentes, ou xustificados nos estudos particulares, facemos o cambio na edición); doutra banda, a pervivencia de abreviaturas e prácticas gráficas habituais na escrita tradicional castelá poderían xustificar algunhas grafías con <ñ> no canto de , que nós así a todo mantemos (cf. 1596Gallo). É máis salientable a representación da nasal velar intervocálica /?/, pois os nosos textos ilustran as diversas tentativas e dan mostras temperás da que finalmente se impuxo: art. una e num. una (respectivamente, 1596Gallo e 1604Moscoso), vma (1603Serra), vnha e algunha (1604Moscoso), vn.a (1605Achas1). En posición implosiva usan xeralmente . En posición interior ante , a maioría opta por manter (1598Lanzós, 1603Serra, 1604Moscoso e 1605Achas: anpara, conpañeyro, ynbiei...), e só dous remitentes cambian a : Ambrossio (1596Gallo), compadre e sempre (1596Obeso). En posición final, todos empregan aga o señor das Achas, pois en certos contextos usa ou alterna ambas as grafías: no singular de substantivos en aom (rraçaom, contrataçaom, coraçaom, beraom, maom...), con no plural (naçoins, maons) e con no diminutivo (graonçiño); no morfema de P1 do IPto. (rreçevím); nos morfemas de persoa e número en aom (saom 'son' [P1], vendaom 'vendan' e foraom 'foran' [P6]), que alterna con an (veinjan), fronte á uniformidade de ron (levaron, fizeron, fezeron, tomaron, deron, botaron); alterna no adverbio naon e naom (e se naom); alterna tamén nas formas verbais rematadas en eim/ein (beim 'vén'/ tein), em/en (prestem, tem / den), pero sempre ren (quixeren, levaren); unha secuencia semellante aparece con no relativo quem~queim e con no adverbios bein~vein e tanvén; combina e , a primeira no pronome de indeterminación 'un' (Álvarez/Xove: 544) e a segunda no determinante; escribe Petam, pero gran, tan; e as restantes palabras, case todas gramaticais, rematan en : en, con, don, min, bon. En definitiva, a grafía final vai asociada ao trazo vocálico que caracteriza a variedade lingüística empregada por Diego Sarmiento de Sotomaior e faise moito máis presente na segunda das cartas estudadas. 5. A lateral palatal aparece sempre representada por , mesmo nas cartas do señor das Achas, que debería estar afeito á visión da grafía portuguesa (coellos, collelo meu panziño, darlle marjdo...). Nos seus textos e nos de Beatriz da Serra atopamos tamén o antigo en posición final, co dígrafo representando a outra unidade lateral: abrjll e çebill (1605Achas), mill (1603Serra). Cremos que tamén é variante gráfica e non interferencia a alternancia uilla / bila (1603Serra); tamén en mestre de capella (1596Gallo) debe estar pesando máis o lat. CAPPELLA, coma no galego antigo, có cast. capilla, e por tanto representa /l/.
231 Nº 366