BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
tradición gráfica outras formas, nas que é salientable que vaian en contra da tendencia espontánea cara ao : así ocorre con formas do verbo saber e derivados (saue, Gallo e Lanzós; sauedora, Serra; saver e save, Achas), que tamén vacila en castelán na Idade Moderna; é tamén recorrente a desviación en veixo, vejar e veyjar (Obeso), veyjar e veyjo (Lanzós), veinjan (Achas, que tamén grafa cast. ), así como no topónimo Baiona, grafado con polo señor das Achas e por Benito Balberde (que tamén usa o grafema en , en contra do Obeso sobreescrito polo seu superior); por contra, no noso corpus semella persoal a grafía en acauada e rreseuido (en Serra, acaso por analoxía con ESCRIBIR ~ ESCREVER), e certa recorrencia de nas cartas do señor das Achas, quizais por exhibición cultista (rreçevím, tanvén, vein 'ben', veira). En poucos casos se dá a alternancia nun mesmo autor, e case nunca en formas estritamente idénticas: escribán, escrebía / escrevo, escrevy (Serra); Reseberey / rreseuido, bila / uilla (Serra); liberdad / liverdade, lebaren / levaron, bolbo / bolveu, beim / virá (Achas); bosa / vosa (Obeso). Engádase o uso de como grafema vocálico en posición inicial, como en vmor (1605Achas) e vn~vm / vma~vn.a~vnha (1603Serra, 1604Moscoso, 1605Amorín, 1605Achas), con maior frecuencia ca , só presente en un (1596Gallo) e una (1596Gallo, 1604Moscoso). En posición posnuclear, a grafía normal é , mais non faltan testemuños de , ev e mev (1605Achas). Os casos de no canto dun previsible son moito máis abundantes. Deixando á marxe as ocorrencias en cartas que xeneralizan (Amorín, María de Moscoso), no uso desviado de respecto da norma antiga obsérvanse algunhas coincidencias que consignamos por ser indiciarias de tendencias: abunda en posición inicial de palabra (bosa e Balberde [Obeso]; bagar, balor, ban, bay, beña, ber, beja, bida, bila, binte [Serra]; bendo, béndoa, beim, bentos, beraom, bolbo, bolveu, bosa, bribidade [Achas]), aos que só se apoñen nos mesmos correspondentes uisitar, ver e vila (Obeso), uezes e uilla (Serra), vernes, vendaom, vendo, ver e virá (Achas); tras consoante (Balberde [Obeso, da man do propio secretario]; olbido, olbidarey, conbén e serbisso [Serra]; bolbo [Achas]), aos que nos mesmos escribentes se contrapoñen bolua, servidora e sirua (Serra), ynverno ~ jnverno, serve e bolveu (Achas); en pretéritos fortes (ubo [Gallo], e tamén tubo e tibera [Lanzós, Achas]) e no desenvolvemento consonántico a partir de , evitando a contigüidade de dous grafemas idénticos con distinto valor (oubir e oubidores [Serra]). Son poucos os exemplos que escapan a estes tipos: abenturada, abisarme, abíseme e lebarey (Serra), çebill, catibos, lebaren e nabíos (Achas) (Para unha presentación máis extensa destes grafemas no galego medio, vid. Mariño 1997). 3. O fonema fricativo alveolar xordo, presumiblemente apical (antigos /s/ e /z/), gráfase con en posición inicial de palabra, interior tras consoante e na coda da sílaba. En posición intervocálica a forma normal é tamén a simplificada , pois só se atopa ?e de forma esporádica? en tres dos oito remitentes, con distinto grao de congruencia e coñecemento da tradición. Lope Gallo escribe missa, ossos, coa grafía do antiNº 366 228