66
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
certa un pouco que se substitúa ?abismo? por ?ahínco?: ?suspendidos sobre el abismo de sus propios pensamientos? (176). De tódolos xeitos, polas cartas citadas de 1883 sabemos que Murguía, coas páxinas que vimos de mencionar, pensaba publicar un volume co título de Los p re c u r s o re s. A ocasión quizais lla brindou Andrés Martínez Salazar no ano en que, con Fernández Latorre, crea, na Coruña, a Biblioteca Gallega. En carta do 4 de novembro dese ano don Andrés faille esta pregunta: ?¿Quiere V. decirme en qué condiciones podría cedernos la reimpresión de las obras de su señora esposa y, en caso de que nos entendiésemos, empezaríamos por ellas la Biblioteca??18. Non se deberon entender respecto das obras de Rosalía, pero o certo é que a Biblioteca Gallega estréase coa publicación, dous meses despois, de Los pre c u r s o re s. 3. MURGUÍA SOBRE A LINGUA GALEGA Descoñezo no momento en que redacto estas liñas o traballo do profesor Henrique Monteagudo, a quen se lle asignou, neste volume, a responsabilidade, non pequena, de abordalo tema das ideas lingüísticas de Murguía, traballo, creo, que non me exime de facer observacións a algúns aspectos de este ideario tal como os formula en Los pre c u r s o re s19. Propoño, non sen certa controversia, oito breves textos. a) Falando de Félix Moreno Astray afirma, non sen risco: ?En cuanto a sus versos, dicho se está que permaneció fiel al espíritu de su raza. Quería decir lo indecible, y esta lengua castellana que usamos es rebelde a nuestra inspiración. [...] Hay algo de duro en ella, incapaz de plegarse y servir a lo indeciso, a lo vago y ensoñador de la musa gallega [...]? (108). ¿Estaría de acordo con estas palabras Moreno Astray, quen nunca, nin en verso nin en prosa, solicitou os favores da lingua non rebelde? ¿Era sincero Murguía cando fixo esta afirmación? Sáibase que el mesmo só nunha ocasión poetizou en galego (?Nena das soledades?, 1856). Dos 15 poemas que publicou entre 1856 e 1885, só un, o primeiro, está en galego; os 14 restantes, nesa lingua ?incapaz de plegarse y servir [...] a lo ensoñador de la