MANUEL MURGUÍA
65
1885
[...] con su hermano pequeño [...] ¡A recoger espigas, como Ruth, en el campo del rico!... (274)
Así termina o capítulo. II. Por dúas cartas de Murguía a Pondal14 sabemos que unha boa parte dos capítulos de Los pre c u r s o re s se publicou en La Nación Española de Buenos Aires no ano 1883. Menciona os relativos a Pondal, Aguirre, Rosalía, Vicetto e Faraldo15. Na primeira das cartas quéixase do proceder de El Eco de G a l i c i a da Habana nestes termos: ?[...] siguiendo el método victorioso de tomar lo suyo donde lo encuentra reprodujo el primer artículo de Los pre c u r s o re s, y allí lo vi?16. O Eco, como pode verse na Bibliografía de Victoria Álvarez, reproduciu, como mínimo, os seguintes capítulos: Leonardo Sánchez Deus (febreiro de 1883)17, Moreno Astray (marzo de 1883), Aurelio Aguirre (outubronovembro de 1883) e Serafín Avendaño (novembro de 1883). Pola mesma investigadora sei que ?Rosalía Castro? apareceu en Galic i a M o d e rn a da Habana en agosto de 1885 sen que a revista indique de ónde tomou este artigo. Que eu saiba, ninguén consultou La Nación Españ o l a (Buenos Aires) para verificar, por exemplo, se nas súas páxinas se publicou o capítulo Antonio Cendón e o relativo a Ignotus do que existía xa, como acabamos de ver, unha primeira versión, de 1858, co título ?Un artista?. III. Habería que facelo cotexo, capítulo a capítulo, entre a versión de 1883 e a definitiva de 1885. Eu fixen dúas incursións, que sintetizo. a) Aurelio Aguirre As diferencias, entre unha e outra versión, son irrelevantes. b) Rosalía Castro Cotexadas as dúas versións, atópanse moi poucas e pequenas variantes: de borrar la mancha que los cubre Æ [...] la mancha que dejan en nuestro corazón; Las muchas y entusiastas felicitaciones Æ [...] múltiples y; de su valor e importancia Æ [...] y trascendencia (197). Na primeira edición non existe o final do penúltimo parágrafo: ?Porque este enemigo invisible, pero siempre presente, es su propio corazón?. Descon