MANUEL MURGUÍA
63
As palabras, ademais de duras, son particularmente inxustas para ?xoves? (entre 36 e 40 anos) como Lamas Carvajal (n. 1849) e Curros Enríquez (n. 1851), ben lonxe do espírito mercantil que se lles apón. Sorprende que non faga ningunha referencia exculpatoria a Curros, a quen ?consta? admirou e quixo, pero sorprende menos que non cite a Lamas Carvajal co que non tiña relación amigable desde 1878, data na que publicou unha recensión dun libro de don Valentín, Desde la re j a, verdadeiramente inxusta11. Coñecemos, por Juan Naya, unha especie de esquema manuscrito de Los p re c u r s o re s no que Murguía consigna, en letra moi pequena, estes dous nomes: Carvajal (supoñemos que se refire a don Valentín) e Curros (supoñemos que se trata do gran poeta)12. Non temos claro se este esquema foi o proxecto inicial de Los pre c u r s o re s, só cumprido parcialmente en 1885, ou se se trata do esquema da ?triloxía? na que o segundo volume, Los secuaces (no sentido, creo, de seguidores), acollería os dous escritores citados. Porque foi o propio Murguía quen aclarou, como sinalamos máis arriba, que a obra constaría de tres volumes, que sería unha ?especial trilogía? que constaría de Los pre c u r s o re s, Los secuaces e Los desconocidos13. Non sabemos se esta aclaración foi ideada para saír ó paso dos que, xa en 1886, cuestionaron o título do libro, que o propio Murguía, na carta citada, considera ?un tanto pretencioso?. 2. PREHISTORIA DE LOS PRECURSORES ¿Foi concibido este volume como un libro, co que isto comporta de unidade? O que sabemos hoxe é que os distintos capítulos apareceron en anos anteriores, cunha ordenación distinta, en publicacións periódicas. Paga a pena consignar estas aparicións das que debémolos datos hemerográficos a Victoria Álvarez, autora da Bibliografía murguiana que se ofrece no presente volume. I. ?Un artista (A. R, C,), Álbum de El Miño, Vigo, 1858, p. 542546. Este capítulo, o primeiro que publicou, figurará, co título ?Ignotus?, como derradeiro, no volume de 1885. Difiren, ás veces non pouco, as redaccións. Só cotexaremos, nalgunhas secuencias, as dúas versións.