MANUEL MURGUÍA
61
dous estudiantes, Eduardo Pondal e o propio Aurelio Aguirre, leron senllas composicións súas, en castelán, que inquietaron a unha boa parte da sociedade e do clero composteláns, especialmente aquel verso de Aguirre no que afirmaba que Cristo era fillo ?de un honrado carpintero?. Aínda eran palabras excesivas para aquela cidade e, sobre todo, para o seu arcebispo, García Cuesta, quen, desde o púlpito ?relata un estudioso? ?había anatematizado a los organizadores del banquete diciendo que incitaban a la lucha del pobre contra el rico?7. Non se crea, sen embargo, que no banquete alguén falou en nome do socialismo. Aguirre, o máis avanzado, estaba totalmente alleo a Marx e ó socialismo laico. Conxo foi a voz da razón democrática progresista, unha voz que foi esmorecendo co tempo. O propio Murguía, no capítulo dedicado a Pondal, fai esta observación: ?Porque pasaron los años [desde 1856] y los sucesos y hasta los hombres, y empezó a comprenderse que había que intentar en Galicia algo más noble y trascendental que proclamar una idea y levantar una clase, que había que formar una patria? (137). Así pois, o mesmo Murguía recoñece, respecto de Aurelio Aguirre (que morrerá dous anos despois do xantar democrático de Conxo), que o seu traballo de poeta e de concienciador non se inscribía no discurso ?patriótico?; si, en 1885, o de Pondal, que, xa en 1877, publicara R u m o res de los pinos8. Aínda que algún lector detecte noutros ?precursores? certo galeguismo (nalgunhas das primeiras páxinas de Moreno Astray, por exemplo), ninguén pode cuestionalo reparo que vimos de facer: nos P re c u r s o re s de Murguía nin son tódolos que están nin están tódolos que son. Eran precursores, claramente, entre outros, Nicomedes Pastor Díaz (18111863), Xoán Manuel Pintos (18111876) e Francisco Añón (18121878). Acontece que Murguía só acolle no seu libro homes ?e unha muller? que pertencían á súa xeración, a que veu á ?vida pública en 1854? (13), persoas ?todo hai que dicilo? coas que tivo relación, das que foi camarada, como aclara noutro lugar. Porque o libro ?que se beneficia dun fermoso e suxestivo título?, no fondo, é un libro, en boa parte, de memorias: ?Si hablo algunas veces de mí, es porque con ellos anduve, participé de sus esperanzas, y acepto hoy gustoso el juicio que a todos nos hiere por igual? (1415). De non ser así, ¿que razón pode aducirse ?titulándose Los