60
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
no decálogo de personalidades escolleito por el, non son tódolos que están nin están tódolos que son. Dos dez, catro, moi claramente, estiveron ó servicio desa idea rehabilitadora: dous xa morreran (Faraldo, 1853, e Vicetto, 1878) e dous aínda vivían (Pondal e Rosalía, esta xa enferma nas datas en que Murguía traza o seu retrato)5. Dos seis restantes, hai nomes totalmente alleos a calquera labor literario ou político en favor da rehabilitación de Galicia, dous especialmente: Leonardo Sánchez Deus e Ignotus. Este é un anónimo rapaz analfabeto, que, na Fame de 1853, músico ventureiro, imploraba en Santiago a caridade asubiando, prodixiosamente, vellos aires do país. Murguía, por certo, limítase a contala historia que lle relatara moitos anos antes Rosalía, pois foi ela, en 1853, con dezaseis anos de idade, quen asistiu, marabillada, ós asubíos daquel neno tan extraordinariamente dotado para a música. En canto a Sánchez Deus, lonxe de implicarse nalgunha acción reivindicativa contra o centralismo español, loitou nos campos de Italia ó servicio da unidade deste país. Leonardo Sánchez Deus, especie de brigadista internacional a v a n t l a lettre , chegou a ser tenente no exército de Garibaldi, do que foi axudante, e a quen consideraba ?un redentor [...] y fiel únicamente a la causa del pueblo? (8485). Morreu nun manicomio de Xénova sen que ninguén, nestes 130 anos, se teña ocupado da súa biografía, romántica e interesante onde as haxa. En canto ós outros ?precursores?, se o foron, fórono en medida irrelevante ou pouco máis. É o caso de Aurelio Aguirre (18331858), poeta amado ou admirado na Compostela do seu tempo, se nos atemos ás páxinas de Murguía, quizais un pouco excesivas. Del son estas palabras: ?Su influencia política no se limitaba tan solamente a la clase obrera de Santiago; pasaba más allá y se dejaba sentir con igual intensidad entre los jóvenes que poblaban los claustros universitarios. Gracias a su cualidad de estudiante y, sobre todo, a su condición de poeta, gozaba sobre sus compañeros y amigos de un cierto influjo y preponderancia [...]? (52). Engade Murguía que, así as cousas, foille doado organizalo Banquete de Conxo, que foi ?observamos nós? un acto comprometido coa causa democrática progresista e non con ningunha defensa do ?provincialismo?6. No xantar da carballeira de Conxo (o 2 de marzo de 1856),