BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
e nas tempas en viño remolladas cinguiuna, afalándolle así ós tristes amigos: ?Ondequera, máis branda ca meu pai nos leve a sorte aló iremos, ¡compañeiros e amigos! Non ha lugar ningún a desespero pois Teucro é o capitán e Teucro é o adiviño. Apolo que non marra prometeumo: nova terra, segunda Salamina, xurdirá no vindeiro. E vós, rexos, a par de min probados en cousas ben peores librádevos agora co viño de inquedumes. Sulcar temos mañán, de novo, o mar inmenso.
Quen primeiro traduciu esta oda ó galego foi Aquilino Iglesia Alvariño, que interpreta o último verso, tan poderoso, deste xeito:
cras ingens iterabimus aequor voltaremos mañán á chaira grande
Millán, menos enxebre e menos fiel ó étimo de ?aequor? (de ?aequus?), traduce: ?Sulcar temos mañán, de novo, o mar inmenso?. Versión moi na liña dos traductores de Horacio que parten sempre de ?aequor? como mar; algún, sen embargo, como Aquilino, é máis etimolóxico: ?mañana surcaremos de nuevo la inmensa llanura?4. Por certo, trátase do verso que tanto impresionou certo día a Álvaro Cunqueiro:
No Seminario de Mondoñedo ensiñaba un gran latinista, don Francisco Fanego Losada, quen daba a súa clase nunha aula da planta baixa, cuia gran fiestra abríase sobre a plaza nova, xusto onde poñían os vendedores de palla, e perto de onde poñían os seus carros de encana os carboeiros e o seu barro os cazoleiros. Por derriba do boureo dos tratos escoitábase de cando en vez a voz de don Francisco decindo, cáseque a berros, un verso de Virxilio ou unha frase de Cicerón. Era unha mañanciña de outono, soleada e quente. E sobre o falar dos que vendían e dos que mercaban, impúxose, cunha forza inusitada, a voz de don Francisco: ?Cras iterabimur aequor?. Por un momento calaron todos, como si houbese saído ao áer unha palabra diviñal. Volveu de novo o boureo do trato, o relear en galego o precio dun mollo de palla, dun porrón ou dun cesto de carbón: latín e galego, é decir, eterno. Esto foi o que sentín e non esquecín endexamais. E quizaves naquel virxiliano ?Mañán navegaremos ao largo?, esteña a raigaña do meu posible humanismo...5
Hai que desculpar a Cunqueiro que, nun lapsus, lle atribúa un verso de Horacio a Virxilio, verso, por outra parte, que omite ?ingens? e transcribe mal ?iterabimus?. A traducción, sen embargo, é próxima á de Aquilino. A segunda oda de Horacio é ?¡Ou fonte de Bandusia!? (Carmina, III, 13), que publica no Diario de Pontevedra o 15 de setembro de 1963. Eu ofrezo ós lectores a versión, máis refeita, que me enviou o 21 de agosto de 1996.
Nº 364 234