Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Cando se reedita a oda, tres anos despois, o Diario de Pontevedra (1591963) reproduce fielmente o texto tal como apareceu en La Noche (1381960). Na mesma carta, Millán advírteme:
Como non é cousa de que me poidas presentar na túa recolleita horacián en ?roupas menores?, púxenme onte a refacer esta versión, en dominante verso endecasílabo, por máis que insinuando parcelacións pseudoestróficas por ?grupos de sentido? ? ínsitos no plan da oda? e non, claro está, polo xogo métrico cuantitativo e alternación de ritmos ?hexámetro + cuaternario dactílico? non transportables sen pingala gota gorda e falsear, por cabo, unha e outra lingua. Remésoche, pois, unha recomposición mellorada daquel texto tentativo, que retiro da circulación.
Velaquí a versión testamentaria da famosa oda.
O poema de Teucro (Odas, I, 7) Louven outros a lumiosa Rodas ou Mitilene ou Éfeso, e os muros de Corinto que baña un dobre mar, ou a Delfos e Tebas que Apolo e Baco afaman, ou na Tesalia a Tempe. Algúns hai que non teñen outra teima que a de gabar en versos a manchea a cidade de Palas virxinal e as folliñas acó e acolá apañadas na coroa lle enciman de oliveira. Moitos, de Xuno afeitos ás louvanzas, a Argos din ?nutricia de cabalos? e ?ricaz? a Micenas. A min, Planco, nin a ríxida Esparta, nin Larisa tanto me acai, en agras abondada, canto de Albunia a gruta, resoante, e a creba do Anio derrubado en freixa e o souto de Tiburno e os pomares que lamben saltareiros os regatos. Ó modo que asemade o claro Noto de nubeiros alimpa o escuro ceo e non valdeira en nós choiva incesante, acorda ti, asisado, ó mesmo xeito, de lle pór unha linde a túa tristeza amolecéndoa co dulzor do mosto, ora ti acampes no cuartel da tropa a escentilar co brillo das enseñas, ora che brinde Tíbur sombra espesa. De Salamina e o pai cando fuxía disque Teucro, a Baco Librador, adicou de bedulo unha coroa
233 Nº 364